Home Pontevedra Verónica Tourón aspira a obter unha maioría suficiente para gobernar con independencia

Verónica Tourón aspira a obter unha maioría suficiente para gobernar con independencia

- Anuncio -

A alcaldesa e candidata á reelección, Verónica Tourón afirma que “estamos nunha nova etapa na política salcedense, e que o PSdeG pode obter unha maioría suficiente para gobernar con independencia”.

O partido socialista está centrado en realizar a mellor campaña posible, sempre en positivo, amosando á veciñanza todo o traballo realizado polo noso grupo durante a pasada lexislatura e dende a alcaldía.

Salceda coñece agora outro xeito de gobernar, a través da xestión, traballo e dedicación á veciñanza, aportando solucións e levando a cabo importantes proxectos que melloran a vida das persoas.

Dende a agrupación socialista afirman “estar respaldados por unha boa xestión que proporcionou a Salceda un gran avance na calidade dos servizos municipais, e poñen de exemplo a rehabilitación de espazos como a Piscina Municipal, o centro cívico A Devesa, a casa do mestre de Fontán para alugueiro social, o centro de servizos terapéuticos de Vendanova entre moitos outros proxectos que levan o selo do partido socialista. Xa demostramos a nosa xestión de goberno, pero merecemos ter oportunidade de gobernar con plenitude de facultades, sen ataduras e sen lastres”.
Ademais, “temos o mellor plan para Salceda, con propostas de futuro, algunhas que xa están en marcha e outras aínda por realizar, propostas e medidas viables e que contan con proxecto, financiación e planificación”

Tourón sinala, “que non necesitamos estar nas batallas que están outros, a nós aválannos os feitos, a sociedade de hoxe non quere política de confrontación, nin caciquil, nin de maquillaxe, espera responsabilidade e xestión e que se defenda o interese xeral e o benestar da veciñanza, isto é o que nos diferencia de todas as demais opcións políticas e iso é o que nos vai a dar o triunfo o próximo 28 de maio” .

Relacionadas

A Guarda prepara unha gran festa para celebrar as Letras Galegas

0
Blues do País, Magín Blanco e unha Foliada final serán os principais ingredientes desta xornada festiva. Neste 2024 A Guarda quere festexar o Día das...

O auditorio de Goián soará ao ritmo da Orquestra do Conservatorio Superior de Música...

0
Será este venres 10 de maio ás 20.30 horas con entrada libre O música resoará sobre o escenario do auditorio municipal de Goián co concerto...

60 familias de Salceda e Salvaterra beneficiaranse dun programa conxunto pioneiro

0
Os Concellos de Salceda de Caselas e Salvaterra de Miño, a través das súas respectivas Concellarías de Igualdade, veñen de botar a andar unha...

Baiona desentraña os segredos da arribada da Pinta nun emocionante xogo de escapismo ao...

0
Será o primeiro dos 14 escape rooms temáticos postos en marcha por Eu Rural e o Xeodestino Ría de Vigo e Baixo Miño relacionados...

Obras de pintado e sinalización no Paseo de Cardona, en Chapela

0
O Concello de Redondela informa que desde o mércores día 8 ata o venres día 10 de maio realizaranse traballos de sinalización horizontal e...

A praia de Cesantes rexistra a chegada das “lebres de mar”

0
A concellería de Medio Ambiente tivo coñecemento esta fin de semana da chegada de varios exemplares de “lebres de mar” á praia da Punta,...

Publicacións Relacionadas