Home Pontevedra Deza López pide manter o proceso de dinamización e transformación espectacular que Adolfo...

López pide manter o proceso de dinamización e transformación espectacular que Adolfo Campos conseguiu para Dozón en tempo récord

- Anuncio -

• Adolfo Campos solicita o voto para “manter Dozón á cabeza do ránking de concellos con máis investimentos por habitante na provincia de Pontevedra e entre os primeiros de Galicia”.

O presidente do PP de Pontevedra, Luis López, sinalou hoxe que os votos do domingo serán fundamentais para manter durante o próximo mandato a “velocidade de cruceiro” que colleu Dozón nestes anos, “un proceso de dinamización e transformación espectacular nun tempo récord, no que Adolfo Campos fixo en tres anos o que a moitos outros alcaldes lles leva doce”.

Por iso, “e porque aquí falan os feitos e tamén os proxectos de futuro”, pediu o domingo unha maioría contundente que avale a grande xestión do Goberno do Partido Popular. Foi durante o xantar no que participaron preto de 400 veciños, na que López sinalou que é importante non confiarse, “porque o noso peor inimigo é pensar que está todo feito, e isto combátese indo todos a votar, con ganas e con forza”. Cada voto será determinante, sinalou, para que Adolfo e o seu equipo “metan de cheo a Dozón no horizonte do ano 2030 con máis servizos, mellores instalacións e novos equipamentos”.

Pola súa banda, Adolfo Campos pediu o voto para “manter Dozón á cabeza do ránking de concellos con máis investimentos por habitante na provincia de Pontevedra e entre os primeiros de Galicia”. Entre os proxectos máis destacados para os vindeiros catro anos apuntou á construción da Residencia de maiores e a renovación do centro de saúde.

Entre as principais actuacións estes anos, destacaron a reforma do colexio; a renovación do servizo de recollida de lixo para convertelo nun dos máis eficientes da provincia; a aposta pola mellora do polígono e por atraer industrias cun viveiro de empresas; obradoiro de emprego; a restauración do Mosteiro de San Pedro; impulso no proceso de concentración parcelaria; a conexión coa Autovía cara Ourense; a urbanización do núcleo do Castro; a mellora dos servizos de atención municipal; o coidado continuo das pistas municipais e do alumeado; unha Casa do Maior e Casa Niño; o saneamento e abastecemento de augas…

Relacionadas

O Porriño redobra a súa aposta pola industria e a actividade empresarial coa distinción...

0
Desde febreiro deste ano é un dos 156 Concellos Emprendedores de Galicia, e un dos 25 que hai na provincia de Pontevedra Concello e Xunta...

O concello de Redondela presenta a nova web e a Tarxeta Cidadá Virtual

0
- A nova tarxeta virtual permite acceder aos servizos municipais e facer trámites a través da web ou dende o propio móbil grazas á...

Tomiño busca incorporar o Bacharelato de Artes ao IES Antón Alonso Ríos

0
O pleno do Concello aprobou a proposta de Alcaldía instar á Xunta a ampliar a oferta educativa e iniciar canto antes as obras de...

O BNG de Meaño convoca á veciñanza a unhaxornada de “O BNG ESCOITA, SEGURIDADE...

0
Será este venres 3 de Maio, ás 21h na Casa se Cultura de Dena. O BNG de Meaño ten o pracer de anunciar a celebración...

O concello de Nigrán ofrece o xoves 9 de maio unha excursión de maiores...

0
A inscrición será o venres 3 de maio de 9:30 a 12:00 no Pavillón de Panxón e o custe de 25 €/persoa O Concello de...

A Senda das Mámoas do Lago de Castiñeiras estará a punto para o 2...

0
A concelleira de Patrimonio, Beatriz Rodríguez, visitou xunto con Juan Castro, da empresa Anta de Moura, a nova Senda das Mámoas, un proxecto de...

Publicacións Relacionadas