Home A Coruña O BNG creará parques caninos e poñerá en marcha campañas de control...

O BNG creará parques caninos e poñerá en marcha campañas de control de colonias felinas

- Anuncio -

“Fronte as nulas políticas de benestar animal do goberno do PP, nós queremos acondicionar espazos amplos e axeitados para que os cans poidan estar soltar. É importante ter un control sobre as colonias de gatos para evitar unha poboación descontrolada destes animais”

“Fronte as nulas políticas de benestar animal do Concello do PP, nós crearemos parques caninos e poñeremos en marcha campañas de control de colonias felinas, se temos responsabilidades do goberno”, afirma Xurxo Couto, candidato do BNG de Arteixo. A formación nacionalista inclúe no seu programa a creación de espazos “amplos e axeitados” para que as persoas que teñen cans poidan desfrutar da compañía destes animais sen necesidade de estar con correa.

Estas áreas, pensadas especialmente para as zonas urbanas de Arteixo, contarán con zona de xogos de axilidade para os cadelos, así como fontes de chan e zona de lavado. “Queremos que sexan lugares cómodos tanto para os donos como para os animais e ofrecer unha alternativa segura e eficaz para que estean soltos”, apunta Couto.

Outras das iniciativas que o BNG de Arteixo quere poñer en marcha é o control das colonias felinas. “Falaremos e teremos en conta as inquedanzas das protectoras para poñer en marcha programas que beneficien a saúde dos gatos e eviten o aumento descontrolado destes animais”, que en ocasións, ata chegan a supoñer un problema para a veciñanza.

Relacionadas

A Xunta realiza labores de conservación e mantemento no río Grande, nos concellos de...

0
As tarefas céntranse nun treito de preto de 5 quilómetros e inclúen a roza puntual e selectiva de arbustos e a retirada de árbores...

Incendio nunha nave na parroquia de Aguiño, no Concello de Ribeira

0
Os bombeiros do parque comarcal provincial de Ribeira, en colaboración cos compañeiros do parque de Boiro, asistiron a primeira hora desta tarde, luns 6...

O colexio público de San Sadurniño celebrará o seu 50º aniversario cun xantar de...

0
O CPI de San Sadurniño celebra durante este curso 2023-24 o medio século de vida. Foi en decembro de 1973 cando se inauguraron unhas...

Belén do Campo reúnese con Teresa Villaverde e destaca os investimentos por case 1...

0
A delegada lembrou que a Xunta investirá este ano case 1 millón de euros na nova depuradora que dará servizo a 382 veciños e...

Pablo Lago pídelle á subdelegada do Goberno que a banda ancha chegue a todas...

0
Alcalde e subdelegada repasaron o mapa de cobertura do concello, que actualmente conta con 246 unidades de actuación en funcionamento o que supón o...

Carballo, sede dunha xornada do Eixo Atlántico sobre as novas liñas de financiamento das...

0
Na reunión, programada para este xoves 9 no Fórum, participarán representantes dos concellos que forman parte do organismo de cooperación transfronteiriza As ETI (Estratexias Territoriais...

Publicacións Relacionadas