Home Pontevedra A Paradanta O alumnado do C.E.I.P Antonio Blanco coñece a serra do Suído

O alumnado do C.E.I.P Antonio Blanco coñece a serra do Suído

- Anuncio -

Ao longo deste curso escolar o Concello organizou distintas actividades lúdicas e didácticas para o alumnado do centro educativo

O alumnado do CEIP Antonio Blanco coñecerá a riqueza natural do seu Concello da man man do guía de montaña Julio Eiroa. Esta iniciativa, financiada polo Concello de Covelo, enmárcase dentro do proxecto RíosAldeasMontañas do Concello de Covelo e vén a reforzar os esforzos realizados nestes últimos anos para dar a coñecer a riqueza medioambiental e histórica do concello facendo que mensualmente participen non só ducias de visitantes, tamén veciñas e veciños.

Este venres o alumnado visitará o Suído para coñecer a riqueza dos nacentes dos ríos, os ecosistemas das turbeiras e os humedais co obxectivo de entender a importancia da conservación da auga para as parroquias. A excursión complétase coa visita á gandaría Sestelo na parroquia de Godóns e coñecer así as distintas posibilidades que ofrece o rural.

O Concello de Covelo realizou ao longo deste curso distintas actividades en colaboración co centro educativo local como a impartida por cibervoluntarios onte martes sobre navegación segura na rede e tecnoadiccións. Outra das actividades realizada en colaboración co Concello e coa Deputación de Pontevedra foi a de diversidade afectivo sexual da man da asociación Nós Mesmas, as de animación no entroido ou as distintas saídas ofrecidas para todos os ciclos dentro do programa RíosAldeasMontañas.

RíosAldeasMontañas
RíosAldeasMontañas é un conxunto de actividades destinadas ao alumnado dos ciclos de primaria do C.E.I.P Antonio Blanco Rodríguez de Covelo. Un deseño previsto a varios anos consecutivos de excursións interpretativas de educación ambiental e patrimonio.

O proxecto iniciado neste curso, rematará no 2028 cando o alumnado que este ano está en 1º de primaria chegue a 6º. Así, durante o curso escolar realizarase unha saída por ciclo. 1º e 2º Primaria sairán xuntos, 3º e 4º polo seu lado e 5º e 6º de primaria tamén. Un neno ou nena que neste ano curse 1º de primaria terá a oportunidade de realizar 6 excursións de diferente temática*.

O nome do proxecto recolle os conceptos que unifican esta formación. O alumnado de 1º e 2º de primaria participaron en actividades no ecosistema fluvial do fondo dos vales que percorre Covelo. Os alumnos de 3º e 4 de primaria participaron en actividades ligadas á vida na aldea e parroquias e os alumnos de 5º e 6º de primaria visitarán as serras e montañas do concello de Covelo.

Relacionadas

A Guarda prepara unha gran festa para celebrar as Letras Galegas

0
Blues do País, Magín Blanco e unha Foliada final serán os principais ingredientes desta xornada festiva. Neste 2024 A Guarda quere festexar o Día das...

O auditorio de Goián soará ao ritmo da Orquestra do Conservatorio Superior de Música...

0
Será este venres 10 de maio ás 20.30 horas con entrada libre O música resoará sobre o escenario do auditorio municipal de Goián co concerto...

60 familias de Salceda e Salvaterra beneficiaranse dun programa conxunto pioneiro

0
Os Concellos de Salceda de Caselas e Salvaterra de Miño, a través das súas respectivas Concellarías de Igualdade, veñen de botar a andar unha...

Baiona desentraña os segredos da arribada da Pinta nun emocionante xogo de escapismo ao...

0
Será o primeiro dos 14 escape rooms temáticos postos en marcha por Eu Rural e o Xeodestino Ría de Vigo e Baixo Miño relacionados...

Obras de pintado e sinalización no Paseo de Cardona, en Chapela

0
O Concello de Redondela informa que desde o mércores día 8 ata o venres día 10 de maio realizaranse traballos de sinalización horizontal e...

A praia de Cesantes rexistra a chegada das “lebres de mar”

0
A concellería de Medio Ambiente tivo coñecemento esta fin de semana da chegada de varios exemplares de “lebres de mar” á praia da Punta,...

Publicacións Relacionadas