Home Pontevedra A Xunta publica as bases para a ocupación por parte do tecido...

A Xunta publica as bases para a ocupación por parte do tecido asociativo de Pontevedra da dúas plantas do edificio administrativo do Goberno Galego en Benito Corbal

- Anuncio -

― O Diario Oficial de Galicia publica hoxe a convocatoria para ocupar de xeito temporal os 26 locais das plantas terceira e cuarta do inmoble para usos sociais, culturais ou sanitarios


― Poderán optar a esta orde asociacións e entidades sen ánimo de lucro do concello de Pontevedra e dos municipios limítrofes e da súa bisbarra ou que exerzan a meirande parte da súa actividade nestas zonas

O Diario Oficial de Galicia publica hoxe as bases reguladoras e a convocatoria pública en réxime de concorrencia para a ocupación temporal, para usos sociais, culturais ou sanitarios, dos locais destinados a este fin no edificio administrativo da Xunta na rúa Benito Corbal de Pontevedra. Con esta orde autorízase a ocupación de 26 locais -22 deles tipo A cunha superficie entre 20 e 27 metros cadrados e outros catro tipo B duns 40 metros cadrados- diáfanos e independentes nos andares terceiro e cuarto do inmoble.

En 2019 publicárase unha orde similar que se resolveu coa adxudicación a 28 asociacións de Pontevedra e bisbarra do uso dos locais das plantas terceira e cuarta deste edificio por un prazo de catro anos improrrogables.

Nesta ocasión, as asociacións e entidades sen ánimo de lucro deberán presentar as súa solicitudes de xeito individual, aínda que poden optar polo uso compartido mediante agrupación. O número máximo de locais adxudicados será 1 por solicitante de un dos dous tipos e entregaranse con instalacións de climatización, alumeado e tomas de corrente.

As entidades interesadas en formalizar a súa petición teñen que estar legalmente constituídas e inscritas no rexistro público correspondente. Deben ter domicilio social no concello de Pontevedra ou nos municipios limítrofes e da bisbarra e, se non é así, acreditar que a meirande parte da súa actividade se desenvolve nestas zonas. Ademais, só poderán ser beneficiarias organizacións sen ánimo de lucro cuxos fins sexan de interese social, cultural, deportivo, sanitario ou outros de relevancia social.

As solicitudes presentaranse de maneira obrigatoria a través da sede electrónica da Xunta https://sede.xunta.gal e durante o prazo máximo dun mes contado desde mañá.

A rehabilitación do edificio administrativo da Xunta situado en Benito Corbal, no centro da cidade pontevedresa, pon á disposición da cidadanía unha superficie de case 6.000 metros cadrados. As tres primeiras plantas -baixa, primeira e segunda- reserváronse ás oficinas de emprego; as dúas seguintes -terceira e cuarta- a locais para entidades e asociacións de interese social, cultural e sanitario, e as tres seguintes -quinta, sexta e sétima-, á disposición da Universidade de Vigo; e a oitava e última para a Fundación Manuel Moldes.
Ademais, habilitáronse outros espazos de usos xerais como un salón de actos, que xa ten acollido varios eventos.

A Xunta recupera así para os pontevedreses un edificio no centro da cidade, un espazo moderno e versátil que é, ademais, eficiente enerxeticamente, en tanto emprega tecnoloxías como caldeiras de biomasa para calefacción, bombas de calor aire-auga, ou unha instalación solar fotovoltaica para a xeración de electricidade.

Cómpre lembrar que tamén en agosto do ano pasado, o Goberno galego recorreu á fórmula de concurso público para adxudicar os 12 locais reservados no edificio da Xunta na Coruña bautizado como Espazo Amizar para entidades do eido sociosanitario co obxectivo de garantir a prestación dun servizo de calidade. Ademais, en Vigo, o proxecto do arquitecto Alfonso Penelas para a reforma do edificio dos xulgados da rúa Lalín permitirá dotar dun centro de asociacionismo para as entidades e colectivos da cidade.

Relacionadas

O Porriño redobra a súa aposta pola industria e a actividade empresarial coa distinción...

0
Desde febreiro deste ano é un dos 156 Concellos Emprendedores de Galicia, e un dos 25 que hai na provincia de Pontevedra Concello e Xunta...

O concello de Redondela presenta a nova web e a Tarxeta Cidadá Virtual

0
- A nova tarxeta virtual permite acceder aos servizos municipais e facer trámites a través da web ou dende o propio móbil grazas á...

Tomiño busca incorporar o Bacharelato de Artes ao IES Antón Alonso Ríos

0
O pleno do Concello aprobou a proposta de Alcaldía instar á Xunta a ampliar a oferta educativa e iniciar canto antes as obras de...

O BNG de Meaño convoca á veciñanza a unhaxornada de “O BNG ESCOITA, SEGURIDADE...

0
Será este venres 3 de Maio, ás 21h na Casa se Cultura de Dena. O BNG de Meaño ten o pracer de anunciar a celebración...

O concello de Nigrán ofrece o xoves 9 de maio unha excursión de maiores...

0
A inscrición será o venres 3 de maio de 9:30 a 12:00 no Pavillón de Panxón e o custe de 25 €/persoa O Concello de...

A Senda das Mámoas do Lago de Castiñeiras estará a punto para o 2...

0
A concelleira de Patrimonio, Beatriz Rodríguez, visitou xunto con Juan Castro, da empresa Anta de Moura, a nova Senda das Mámoas, un proxecto de...

Publicacións Relacionadas