Home Pontevedra A Asociación de Empresarios de Redondela tende a man a todos os...

A Asociación de Empresarios de Redondela tende a man a todos os grupos políticos para traballar unidos por Redondela porque xa pasou e non pode volver a pasar que a Redondela que queremos non mereza máis

- Anuncio -


REDONDELA NON ESTARÁ EN BOAS MANS SE ESTAS MANS QUE AGORA TEÑEN A RESPONSABILIDADE DE XESTIONAR A ADMINISTRACIÓN LOCAL NON REMAN XUNTAS NO MESMO SENTIDO.

A Asociación de Empresarios de Redondela fai un chamamento a responsabilidade e reitera o ofrecemento realizado antes da campaña para o desenvolvemento dun novo modelo que permita desenvolver aqueles proxectos de carácter estratéxico necesarios para o desenvolvemento socioeconómico de Redondela.

Dende a entidade propúñamos a creación dun órgano ou estrutura organizativa que actúe como cohesionador con capacidade para pilotar as accións e medidas propostas (nos referimos ao dossier das MEDIDAS DE IMPULSO DO TECIDO PRODUCTIVO DE REDONDELA 2023-2027 presentado aos partidos políticos durante a campaña), apuntando tamén a necesidade de contar con dotacións, medios e recursos suficientes para levalos a cabo.

Desde esta entidade empresarial, que conta cunha traxectoria de 38 anos, que pode presumir de traballar, con total lealdade institucional, pola marca REDONDELA por riba de todo, tende a man para remar xuntos polo obxectivos comúns e traballar aliñados polo desenvolvemento dun ecosistema produtivo na procura do beneficio social e económico de Redondela.

Relacionadas

O Porriño redobra a súa aposta pola industria e a actividade empresarial coa distinción...

0
Desde febreiro deste ano é un dos 156 Concellos Emprendedores de Galicia, e un dos 25 que hai na provincia de Pontevedra Concello e Xunta...

O concello de Redondela presenta a nova web e a Tarxeta Cidadá Virtual

0
- A nova tarxeta virtual permite acceder aos servizos municipais e facer trámites a través da web ou dende o propio móbil grazas á...

Tomiño busca incorporar o Bacharelato de Artes ao IES Antón Alonso Ríos

0
O pleno do Concello aprobou a proposta de Alcaldía instar á Xunta a ampliar a oferta educativa e iniciar canto antes as obras de...

O BNG de Meaño convoca á veciñanza a unhaxornada de “O BNG ESCOITA, SEGURIDADE...

0
Será este venres 3 de Maio, ás 21h na Casa se Cultura de Dena. O BNG de Meaño ten o pracer de anunciar a celebración...

O concello de Nigrán ofrece o xoves 9 de maio unha excursión de maiores...

0
A inscrición será o venres 3 de maio de 9:30 a 12:00 no Pavillón de Panxón e o custe de 25 €/persoa O Concello de...

A Senda das Mámoas do Lago de Castiñeiras estará a punto para o 2...

0
A concelleira de Patrimonio, Beatriz Rodríguez, visitou xunto con Juan Castro, da empresa Anta de Moura, a nova Senda das Mámoas, un proxecto de...

Publicacións Relacionadas