Home A Coruña O Concello de Lousame abrirá do 5 ao 12 de xuño o...

O Concello de Lousame abrirá do 5 ao 12 de xuño o prazo de inscrición no programa de conciliación Lousame Concilia Verán 2023

- Anuncio -

Dirixido a nenos e nenas de 3 a 12 anos, terá lugar nas instalacións do CPI Cernadas de Castro en horario de 9:30 a 14:30 horas

O Concello de Lousame abrirá do 5 ao 12 de xuño o prazo de inscrición no programa Lousame Concilia Verán 2023, unha iniciativa para a conciliación da vida familiar e laboral que se desenvolverá durante os meses de xullo e agosto. Un programa dirixido a nenos e nenas de entre 3 e 12 anos de idade, que desfrutarán de divertidas actividades nas instalacións do CPI Cernadas de Castro, en horario de 9:30 a 14:30 horas.

Os prezos non varían con respecto a anos anteriores. No caso das familias que opten pola inscrición para todo o verán, o prezo será de 15 euros/mes. Para anotarse só terán que descargar e cumprimentar o impreso correspondente, que poden recoller nos Servizos Sociais de Lousame ou descargar na web municipal (www.concellodelousame.gal). Máis información nos Servizos Sociais de Lousame ou no 981 820 494.

No caso de haber máis demanda que prazas, aplicarase un baremo para a admisión no que os nenos/as empadroados/as no municipio recibirán 8 puntos, mentres que as familias cunha renda per cápita anual menor a 6.000 euros recibirán 2 puntos e as entre 6.000 e 10.000 euros, 1 punto. Tamén se outorgará 1 punto ás familias monoparentais, familias vítimas de violencia de xénero, muller en situación de desemprego de longa duración, muller maior de 45 anos ou familia con outras cargas relacionadas cos coidados. En caso de empate, aplicarase o criterio da orde de inscrición, seguindo o número de entrada da solicitude no Rexistro Municipal. As solicitudes que non obteñan praza pasarán á lista de espera.
Lousame Concilia está organizado pola Concellería de Igualdade de Lousame e conta coa colaboración da Consellería de Promoción do Emprego e Igualdade e do Programa Corresponsables do Ministerio de Igualdade.

Relacionadas

Aberta a inscrición para unha nova andaina saudable por Viladonelle e Anca o domingo...

0
O Concello de Neda vén de pechar o percorrido da andaina saudable do mes de maio. A ruta circular, prevista para o día 12,...

Ovidio Rodeiro lémbralle ao delegado do Goberno a urxencia de mellorar a seguridade viaria...

0
O alcalde solicitou a inclusión nos Orzamentos do Estado do proxecto de construción dunha rotonda na N-525, que facilitará o acceso ás aldeas de...

A Ribeiriña loce renovada fachada marítima

0
A valorización da fachada marítima da Ribeiriña e a recuperación dun espazo natural para desfrute da veciñanza. Con esta idea, o Ministerio para a...

A Xunta de Goberno aproba o proxecto de reparación da cuberta do pavillón municipal...

0
A Xunta de Goberno deu luz verde ao proxecto de reparación da cuberta do pavillón municipal Quiroga Palacios cun orzamento base de licitación de...

As participantes no programa “A Laracha Acolle” realizan un obradoiro de bo trato e autocoidados

0
As asistentes son mulleres de Marrocos, Paquistán, Ucraína e Colombia empadroadas no termo municipal da Laracha. No concello da Laracha estase a desenvolver desde hai...

O Concello pon en marcha un tratamento preventivo en 85 palmeiras da cidade co...

0
Este luns comeza a aplicarse acetamiprid nos exemplares existentes nos xardíns de Méndez Núñez, a rúa Santa Lucía, cemiterio de Santo Amaro, As Atochas...

Publicacións Relacionadas