Home A Coruña O Concello pon en marcha un tratamento preventivo en 85 palmeiras da...

O Concello pon en marcha un tratamento preventivo en 85 palmeiras da cidade co obxectivo de protexelas fronte á incidencia do picudo vermello

- Anuncio -

Este luns comeza a aplicarse acetamiprid nos exemplares existentes nos xardíns de Méndez Núñez, a rúa Santa Lucía, cemiterio de Santo Amaro, As Atochas e o carreiro da Estacada

O procedemento repetirase no mes de xuño, co obxectivo de salvagardar as palmeiras durante o verán, período de máis actividade do picudo vermello

O Concello da Coruña activou este luns o novo protocolo de actuación para limitar o impacto do picudo vermello nos palmeirais da cidade, unha iniciativa coa que o Goberno municipal busca salvagardar os exemplares existentes fronte ás pragas deste insecto, unha especie invasora orixinaria da Asia tropical.

O tratamento que comezou a aplicarse hoxe, de carácter preventivo, levarase a cabo, nesta primeira quenda, nun total de 85 palmeiras, repartidas entre os xardíns de Méndez Núñez (70), a contorna das rúas Santa Lucía e Cabana (8), o cemiterio de Santo Amaro (4), As Atochas (2) e tamén no exemplar situado no acceso ao carreiro da Estacada.
O plan de traballo establecido polo Concello establece que estas 85 palmeiras recibirán un tratamento fitosanitario con acetamiprid, con dúas liñas de acción: a primeira, a inxección do líquido no tronco das palmeiras, a aproximadamente dous metros por debaixo da balona; e a segunda, xa dentro de 15 días, cunha ‘ducha’ non presurizada de acetamiprid sobre o ollo das palmeiras, unha medida clave á hora de acometer a súa protección, por ser o corazón da planta.

Este procedemento repetirase novamente ao comezo da tempada estival, no mes de xuño, co obxectivo de protexer as palmeiras ao longo do verán, o período no que máis se incrementa a actividade do picudo vermello.

O Concello leva tratando as palmeiras da cidade desde o ano 2017, cando se detectou a presenza do picudo por primeira vez. A plaga está a afectar a palmeiras de toda España e é preciso tratalos para evitar a súa transmisión. Asemade, o Concello insta aos particulares con palmeiras afectadas a actuar de xeito inmediato, ben con tratamentos, ben procedendo á súa tala, únicos métodos para evitar a propagación do picudo.

O tratamento do acetamiprid aplicarase agora por primeira vez na Coruña, na busca de contar cun fitosanitario máis efectivo que os que se viñan aplicando ata o momento, ten carácter preventivo e serve tamén para eliminar os insectos cando xa están presentes nas palmeiras.

Relacionadas

A poeta Yolanda Castaño participará este mércores nun encontro literario en San Sadurniño co...

0
Casa da Cultura, 11:00h Poeta, narradora, dramaturga, ensaísta, tradutora, violinista..., na figura de Luísa Villalta (1957-2004) couberon todas estas disciplinas, enfiadas pola musicalidade da súa...

Retirada dun poste de telefonía que presentaba risco de caída na aldea de Pesqueira,...

0
Os bombeiros do parque comarcal provincial de Boiro foron alertados ás 10:35 horas desta mañá de que un poste de telefonía presentaba risco de...

Mila Castro reclama un “arranxo integral” da Praza de San RoqueInicio Actualidad Mila Castro...

0
Recalca o “estado lamentable” no que se atopa a praciña sita ao carón da rúa do Hospitaliño “con losetas levantadas e a fonte abandonada” A...

Laxe celebra o Día da Familia cun concurso de fotografía para coñecer os espazos...

0
• Os orixinais poderán presentarse desde o mércores 15 de maio ata o vindeiro 22 deste mes • As votacións faranse entre o 25 e...

As obras de mellora da estrada de Caión entre O Outeiro e a DP-1913...

0
O proxecto suporá un investimento superior aos 63.000 euros. O alcalde José Manuel López Varela, xunto ao concelleiro de Obras Públicas, Pablo Cambón, e o...

Neda promove obradoiros sobre resolución de conflitos para o alumnado dos centros educativos

0
Decidiron sumarse ao programa o instituto e o CEIP de Maciñeira O CEIP de Maciñeira e o IES Fernando Esquío serán nestas últimas semanas de...

Publicacións Relacionadas