Home A Coruña Entidades sociais e deportivas visitan o Museo Valle-Inclán da Pobra

Entidades sociais e deportivas visitan o Museo Valle-Inclán da Pobra

- Anuncio -

O Museo Valle-Inclán da Pobra do Caramiñal continúa a capta-la atención da cidadanía en xeral, pero tamén de entidades sociais e deportivas en particular, como sucede nestes días. Unha delegación procedente de Oleiros iniciou no 1 de xuño unha serie de visitas ao abeiro do programa de envellecemento activo para maiores de 60 anos Ven e descubre, promovido pola Área dos Servizos Sociais e da Igualdade do referido municipio coruñés. Dentro do apartado de excursionismo, incluíron saídas a museos literarios baixo o nome Camiño das letras. Así, un grupo de 50 persoas aproximouse, mediante unha visita comentada efectuada polo director da institución museística pobrense, Antonio González, á vida e obra de Valle-Inclán. Regresarán con novas persoas participantes do programa en vindeiras datas: no 8 de xuño e no 7, 14 e 21 de setembro.

E, se a torre de Bermúdez desvelou os seus segredos ante a terceira idade na xornada de onte, mañá será a quenda das novas xeracións: xestionada polo Crocha Balompé C.F., preto dunha vintena de rapaces/as asistirá a este ben de interese cultural (BIC).

Ademais, como xa é costume nas visitas grupais, faráselle entrega dunha guía sobre o museo.

Con esta actividade divulgativa, ademais de enxalza-la figura e legado do escritor, a Concellaría da Cultura pretende contribuír á dinamización da vila.

Relacionadas

Carballo, sede dunha xornada do Eixo Atlántico sobre as novas liñas de financiamento das...

0
Na reunión, programada para este xoves 9 no Fórum, participarán representantes dos concellos que forman parte do organismo de cooperación transfronteiriza As ETI (Estratexias Territoriais...

Laxe súbese ás catro rodas este venres para celebrar o seu Día do Patín

0
• A actividade realizarase no polideportivo municipal a partir das 18:00 horas • Daranse cita un total de 165 deportistas das escolas deportivas municipais dos...

A exposición informativa sobre o autismo da Fundación Amicos poderá visitarse esta semana na...

0
Teresa Villaverde animou a veciñanza a visitar a mostra para “dar a coñecer algo que está aí sempre pero que sigue sendo descoñecido, como...

Belén do Campo reúnese con Teresa Villaverde e destaca os investimentos por case 1M€...

0
A delegada lembrou que a Xunta investirá, este ano, case 1M€ en obras para dotar a varios núcleos do Concello de Lousame dun sistema...

Incendio no garaxe dun edificio da rúa Anxo Senra, no Concello de Culleredo

0
Os bombeiros do parque comarcal provincial de Arteixo foron alertados esta mañá dun incendio no garaxe dun edificio de doce andares da rúa Anxo...

O executivo municipal aproba o Plan de Contratación para 2024, que recolle 82 contratos...

0
O concelleiro de Economía, Facenda e Contratación, Manuel César, deu conta en rolda de prensa do Plan de Contratación municipal para 2024, aprobado na...

Publicacións Relacionadas