Home Pontevedra Deza Multitude de novidades na área expositiva e o programa da feira Abanca...

Multitude de novidades na área expositiva e o programa da feira Abanca Semana Verde 2023, que arrinca o vindeiro xoves

- Anuncio -

• DESTACAN AS PARTICIPACIÓNS DE EMPRESAS E ENTIDADES POR PRIMEIRA VEZ EN TODOS OS SEUS ESPAZOS, ESPECIALMENTE NOS SALÓNS DE ALIMENTACIÓN E TURISMO

• TAMÉN HABERÁ GRAN CANTIDADE DE ACTIVIDADES NOVAS NAS DIFERENTES ÁREAS DO CERTAME, O CAL SE CELEBRARÁ NO RECINTO FEIRA INTERNACIONAL DE GALICIA ABANCA

A 45ª Feira Internacional Abanca Semana Verde de Galicia, que se celebrará do 8 ao 11 de xuño, volve contar cun gran número de novas participacións nos seus diversos espazos expositivos, especialmente nos seus salóns de alimentación e turismo, as cales se suman a outras que repiten ou son xa veteranas.

Así, en Turexpo Galicia, entre outras novidades da súa área expositiva, estará o roteiro Huellas de Teresa, as Illas Canarias, unha axencia de Nepal, festas de interese turístico galego que estarán por primeira vez en Festur ou entidades portuguesas como Ponte de Lima, Castelo Branco ou Támega-Sousa, ademais de contar coa presenza da Axencia para o Desenvolvemento Turístico de Ucraína (SATD) nun espazo cedido pola feira e destinado a que os visitantes poidan mostrar o seu apoio ao país a través da firma nun panel que logo levarán a Ucraína. En canto a Salimat Abanca, entre outras, estréase a oferta gastronómica de Cantabria, Ávila ou o Estado de Wisconsin e colectivos como a Associação para a Promoção da Gastronomia, Vinhos, Produtos Regionais e Biodiversidade de Portugal, ademais de produtores tanto nacionais como portugueses que acoden por primeira vez para presentar produtos artesáns, gourmet ou ecolóxicos. E tanto destas empresas que se estrean no certame como outras xa habituais, poderán verse preto de oitenta novidades alimentarias na área Alinova.

Nos demais espazos de Abanca Semana Verde tamén haberá numerosas novidades, desde sistemas de instalación de tarimas e fachadas de madeira cun simple encaixe mediante clip, salvaescaleiras con apenas instalación ou as primeiras persianas fotovoltaicas do mundo ata federacións gandeiras e criadores presentes por primeira ou unha solución para a produción de forraxe verde en contedor marítimo que aposta por unha agricultura sostible e intensiva sen prexuízo do chan.

Novas actividades

Tamén no programa da feira estrearase un gran número de actividades. Serán moitas no salón alimentario, entre elas, cociña en vivo a cargo de chefs presentes por primeira vez como Martín Mantilla e André Arzúa, novidades no concurso de tortilla con competición por equipos capitaneados polos televisivos Duarte Galbán e Tania Veiras ou o novo “Faladoiro”, no que o chef galego Miguel Mosteiro, o vasco Diego Valdivieso e o andaluz Paco Ybarra falarán do onte e o hoxe mentres elaboran un prato de referencia nas súas vidas.

Relacionado tanto co sector alimentario como gandeiro, celebrarase o “I Foro de Activistas: por un futuro rural”, organizado por Río de Galicia, que se centrará nas oportunidades que ofrece a contorna rural non só para o sector primario, senón tamén para outro tipo de profesionais. E sumaranse no ámbito agrario propostas como a presentación da ferramenta informática “Sistemas de xestión de explotacións agrarias (agro 4.0) – cadernos de explotación”, por parte da Consellería do Medio Rural ou o primeiro concurso monográfico da Galiña Piñeira organizado na feira.

En canto a natureza, serán novos os talleres organizados pola Dirección Xeral de Patrimonio Natural, entre eles “Natureza e Robótica” ou “O gran espectáculo da Natureza, e tamén os desenvolvidos por expositores, como os centrados en “Seguridade para actividades no medio natural, e habilidades primitivas”, “Autorrescate de Vehículos”, “Condución climatolóxica extrema” ou “Control de hemorraxias con aplicación práctica do torniquete, uso de axentes hemostáticos e vendaxes compresivos”.

Sumaranse moitas outras actividades novas, como un trail de primavera con cabalos de pura raza árabe, exhibicións de mondioring ou a presentación do libro “Feirear”, do silledense José Ramón Castro.

Relacionadas

O Porriño redobra a súa aposta pola industria e a actividade empresarial coa distinción...

0
Desde febreiro deste ano é un dos 156 Concellos Emprendedores de Galicia, e un dos 25 que hai na provincia de Pontevedra Concello e Xunta...

O concello de Redondela presenta a nova web e a Tarxeta Cidadá Virtual

0
- A nova tarxeta virtual permite acceder aos servizos municipais e facer trámites a través da web ou dende o propio móbil grazas á...

Tomiño busca incorporar o Bacharelato de Artes ao IES Antón Alonso Ríos

0
O pleno do Concello aprobou a proposta de Alcaldía instar á Xunta a ampliar a oferta educativa e iniciar canto antes as obras de...

O BNG de Meaño convoca á veciñanza a unhaxornada de “O BNG ESCOITA, SEGURIDADE...

0
Será este venres 3 de Maio, ás 21h na Casa se Cultura de Dena. O BNG de Meaño ten o pracer de anunciar a celebración...

O concello de Nigrán ofrece o xoves 9 de maio unha excursión de maiores...

0
A inscrición será o venres 3 de maio de 9:30 a 12:00 no Pavillón de Panxón e o custe de 25 €/persoa O Concello de...

A Senda das Mámoas do Lago de Castiñeiras estará a punto para o 2...

0
A concelleira de Patrimonio, Beatriz Rodríguez, visitou xunto con Juan Castro, da empresa Anta de Moura, a nova Senda das Mámoas, un proxecto de...

Publicacións Relacionadas