Home A Coruña O concello inica o proceso de contratación do proxecto de mellora da...

O concello inica o proceso de contratación do proxecto de mellora da estrada ddesde o igrexario de Golmar a San Pantaión

- Anuncio -

Esta intervención terá posteriormente continuidade cun segundo proxecto que afectará á vía entre San Pantaión e A Xesta.

O Concello iniciou hoxe o proceso de contratación da execución das obras previstas no proxecto de mellora da rede viaria na parroquia de Golmar, en concreto na estrada que comunica O Igrexario con San Pantaión.

O tramo obxecto desta intervención presenta unha lonxitude de 1.225 metros, nos que vai ser renovada a superficie de rodadura dos vehículos con aglomerado asfáltico en quente, acondicionados os sobreanchos a ambas marxes da calzada e perfiladas as cunetas para favorecer a drenaxe do terreo. Os traballos completaranse coa sinalización vertical e horizontal, contemplando o pintado das liñas dos bordes e do eixo da plataforma, así como dos símbolos necesarios segundo o código de circulación.

O orzamento alcanza os 106.000 euros, a cofinanciar entre o Concello e a Deputación da Coruña.

Esta actuación terá continuidade cun segundo proxecto que se executará posteriormente, cun presuposto doutros 96.000 euros e cofinanciado pola Xunta de Galicia a través da Axencia Galega de Desenvolvemento Rural (Agader) no marco do Plan de mellora de camiños municipais de acceso a parcelas agrícolas 2023-2024.
Neste caso a actuación proxectada afecta a 1.200 metros da vía desde San Pantaión en dirección á Xesta (parroquia de Soutullo), mellorando os accesos, por tanto, a outros núcleos como A Rocha, O Vilar e O Seixoso. Tamén se contempla a renovación da superficie de rodadura, a mellora da drenaxe e o reforzamento da seguridade viaria coa sinalización horizontal e vertical.
En total investiranse máis de 200.000 euros na mellora da estrada entre O Igrexario de Golmar e A Xesta, xa na parroquia de Soutullo.

Relacionadas

Reunión coas ANPAS do Concello de Ribeira

0
O alcalde de Ribeira e a concelleira de educación, Cruz Rivadulla, mantiveron unha reunión coas ANPAS do Concello nun esforzo por estreitar a colaboración...

O prazo para inscribirse ao Encontro de Maiores de Bergondo xa está aberto

0
· Celebrarase o 2 de xuño e ten un prezo de 10 euros. · As persoas interesadas en apuntarse deberán facelo no gabinete de alcaldía...

O Centro Municipal de Formación Isaac Díaz Pardo axudou a engancharse laboralmente a 4.500...

0
Case 4.500 persoas pasaron durante o pasado ano polo Centro de Formación e Emprego do Concello de Oleiros, unha plataforma municipal para impulsar a...

Incendio nunha fonte na avenida de Caión, no Concello de Arteixo

0
Os bombeiros do parque Comarcal Provincial de Arteixo foron alertados ao redor das 22:00 horas de onte, domingo 5 de maio, dun incendio nunha...

Paderne rememora a “enorme transcendencia” de Francisco Vales Villamarín na inauguración da remodelación do...

0
 O alcalde, Sergio Platas, lembrou a enorme pegada do cronista e quixo agradecer a “insistencia” de Emilio Vila na instalación do monólito hai...

Neda pon en valor a calidade, variedade e sabor dos produtos das panaderías locais

0
O Concello destaca a importancia do sector no municipio como xerador de emprego O Concello de Neda impulsou este domingo dúas novas catas no marco...

Publicacións Relacionadas