Home Pontevedra Caldas A Xunta de Galicia escolle a Praza de Abastos de Pontecesures para...

A Xunta de Galicia escolle a Praza de Abastos de Pontecesures para celebrar este sábado 10 de xuño o Día Internacional dos Mercados

- Anuncio -

A Dirección Xeral de Comercio repartirá material promocional da campaña “Quere o teu mercado” e o Concello de Pontecesures ofrecerá un showcooking e unha degustación de balde con produtos da praza

A Praza de Abastos de Pontecesures foi a escollida este ano pola Dirección Xeral de Comercio e Consumo da Xunta de Galicia para celebrar este sábado 10 de xuño o Día Internacional dos Mercados. Deste xeito, todas as persoas que merquen na Praza de Abastos cesureña recibirán como agasallo material promocional da campaña “Quere o teu mercado”.

A maiores, a partir das 13:00 horas, o Concello de Pontecesures organizará un showcooking con produtos da praza, uns pratos que posteriormente serán degustados de balde polas persoas presentes. O alcalde de Pontecesures, Juan Manuel Vidal Seage, explica que “queremos darlle visibilidade os nosos produtos de proximidade elaborando un showcooking nas instalacións da propia praza e con produtos do propio mercado. Despois faremos unha degustación entre os praceiros e praceiras, así como entre a veciñanza que se achegue a mercar”.

A Xunta de Galicia leva cinco anos celebrando a campaña “Quere o teu mercado” co obxectivo de apoiar, promover e visibilizar o papel dos mercados nas vilas, potenciando así a compra do produto local ao amosar a profesionalidade dos praceiros e das praceiras. O Concello de Pontecesures adheriuse a esta campaña pola importancia do seu mercado da Praza de Abastos, onde a súa veciñanza merca produto de proximidade.

“Quere o teu mercado” é unha iniciativa que a Xunta de Galicia promove en colaboración cos Concellos, as Prazas de Abastos e as Federacións e Asociacións de Comerciantes. Este ano terá lugar este sábado 10 de xuño e nela participarán un total de 28 mercados de toda Galicia, onde se levarán a cabo actividades para incentivar o consumo. A Dirección Xeral de Comercio e Consumo escolleu este ano á Praza de Abastos cesureña para o reparto do material promocional.

Relacionadas

O Porriño redobra a súa aposta pola industria e a actividade empresarial coa distinción...

0
Desde febreiro deste ano é un dos 156 Concellos Emprendedores de Galicia, e un dos 25 que hai na provincia de Pontevedra Concello e Xunta...

O concello de Redondela presenta a nova web e a Tarxeta Cidadá Virtual

0
- A nova tarxeta virtual permite acceder aos servizos municipais e facer trámites a través da web ou dende o propio móbil grazas á...

Tomiño busca incorporar o Bacharelato de Artes ao IES Antón Alonso Ríos

0
O pleno do Concello aprobou a proposta de Alcaldía instar á Xunta a ampliar a oferta educativa e iniciar canto antes as obras de...

O BNG de Meaño convoca á veciñanza a unhaxornada de “O BNG ESCOITA, SEGURIDADE...

0
Será este venres 3 de Maio, ás 21h na Casa se Cultura de Dena. O BNG de Meaño ten o pracer de anunciar a celebración...

O concello de Nigrán ofrece o xoves 9 de maio unha excursión de maiores...

0
A inscrición será o venres 3 de maio de 9:30 a 12:00 no Pavillón de Panxón e o custe de 25 €/persoa O Concello de...

A Senda das Mámoas do Lago de Castiñeiras estará a punto para o 2...

0
A concelleira de Patrimonio, Beatriz Rodríguez, visitou xunto con Juan Castro, da empresa Anta de Moura, a nova Senda das Mámoas, un proxecto de...

Publicacións Relacionadas