Home Xunta de Galicia A Xunta abre a convocatoria das axudas a proxectos de educación para...

A Xunta abre a convocatoria das axudas a proxectos de educación para o desenvolvemento e a cidadanía global executados polas ONGD

- Anuncio -

O Diario Oficial de Galicia publica hoxe as bases para o financiamento de actividades relacionadas coa sensibilización, concienciación, formación e investigación sobre o desenvolvemento, así como a incidencia e a mobilización social co obxectivo de crear redes de solidariedade na comunidade

O Diario Oficial de Galicia publica hoxe a convocatoria das axudas para proxectos de educación para o desenvolvemento e a cidadanía global que executen as Organizacións Non Gobernamentais de Desenvolvemento (ONGD), cun importe de 600.000 euros ata 2024. A subvención terá unha dotación distribuída entre os 240.000 euros deste 2023 -o 40% do total- e os 360.000 euros previstos para o próximo ano.

Pódense financiar actividades que forman parte da educación para o desenvolvemento desde catro perspectivas: a sensibilización e concienciación da opinión pública en materia de cooperación para o desenvolvemento e causas da pobreza; a formación sobre o desenvolvemento e a súa difusión nos ámbitos educativos; a investigación neste ámbito; así como a incidencia, participación e mobilización social para crear redes de solidariedade na sociedade.

As entidades beneficiarias da concesión de subvencións son as ONGD e agrupacións lideradas por ONGD cos outros axentes de cooperación, isto é, universidades, empresas e organizacións empresariais, sindicatos, as comunidades galegas no exterior, e outros axentes sociais ou entidades que teñan entre os seus fins a realización de actividades de cooperación para o desenvolvemento.

O importe máximo para  proxectos individuais executados neste 2023 será de 25.000 euros e de 35.000 euros se se trata de iniciativas individuais plurianuais. No caso de proxectos plurianuais presentados por varias entidades en agrupación a contía da axuda poderá acadar os 45.000 euros, se son programas plurianuais, e de 35.000 euros, se son anuais.

As solicitudes presentaranse obrigatoriamente por medios electrónicos a través do formulario na sede electrónica da Xunta (https://sede.xunta.gal/) no prazo dun mes desde mañá.

Relacionadas

A Xunta destaca o éxito da V edición do Bono Activa Comercio con preto...

0
José González visita esta tarde dous comercios da rúa Xoán XXIII de Ourense que participan nesta campaña e ofrecen os descontos financiados polo Goberno...

A Xunta reúnese coa AECT Río Minho para abordar os proxectos en marcha en...

0
O director xeral de Relacións Exteriores e coa UE, Jesús Gamallo, reuniuse cos responsables desta entidade de cooperación, no marco da rolda de contactos...

A Xunta destina máis de 257.000€ á renovación da instalación da Protección de Incendios...

0
A plataforma Contratos públicos de Galicia publica hoxe a licitación da obra, coa previsión de que poida empezar en setembro cun prazo de execución...

A Xunta apoia o achegamento dos máis pequenos ao oficio da xoiería mediante o...

0
— O secretario xeral técnico da Consellería de Emprego, Comercio e Emigración, Joaquín Macho, asistiu hoxe á cerimonia de entrega de premios deste concurso...

A Xunta felicita ao grupo ‘Las Rías’ polos seus 50 anos como referente do...

0
O secretario xeral de Emprego e Relacións Laborais, Pablo Fernández, participou hoxe no acto conmemorativo celebrado en Vigo por este grupo empresarial, do que...

A Xunta destaca na Festa do Champiñón o potencial agrogandeiro da Comarca de Ordes

0
O conselleiro de Presidencia, Xustiza de Deportes, Diego Calvo, percorreu esta mañá acompañado do alcalde de Ordes, José Luis Martínez Sanjurjo o recinto da...

Publicacións Relacionadas