Home O Morrazo Bueu O concello de Bueu fai entrega do "Xogo dos trasnos" ao alumnado...

O concello de Bueu fai entrega do “Xogo dos trasnos” ao alumnado de 6º de infantil do CEOP Plurilingüe A Pedra

- Anuncio -

• O alcalde de Bueu en funcións, Félix Juncal, mostrouse agradecido pola visita escolar, e declarou que “estou encantado de que esteades aquí”

• Unha das profesoras recoñeceu o labor colaborativo do Concello e admitiu que sen a súa axuda non poderían elaborar o xogo

Ledicia e felicidade son dous termos que estiveron presentes este mércores no Concello de Bueu. O salón de plenos acolleu durante a mañá a visita do alumnado de 6º de infantil do CEIP Plurilingüe A Pedra. Este encontro organizouse para facer entrega do ‘Xogo dos Trasnos’, elaborado polos cativos e cativas deste curso e financiado polo Concello. No acto participaron o alcalde de Bueu en funcións, Félix Juncal, e a concelleira de promoción económica, emprego e turismo, Silvia Carballo, quen fixeron a entrega das barallas correspondentes ao xogo.

Unha trintena de alumnos de 6º de infantil do colexio bueués trouxeron diversión ao Concello, pois a súa presenza desprendía ledicia ao seu paso. Á súa chegada, a rapazada mantivo unha conversa moi entretida co alcalde en funcións, o cal acolleu cos brazos abertos esta visita, expresando ao remate que “estou encantado de que esteades aquí”.
Os nenos e nenas xa acudiran ao Concello o mes pasado para presentar o proxecto deste xogo cooperativo e solicitar a colaboración do consistorio para converter a idea en realidade.

Esta segunda visita cumpriu o soño dos alumnos e alumnas, pois recibiron o ‘Xogo dos Trasnos’ por parte do alcalde e da concelleira en funcións. Os minutos que estiveron na Casa do Concello foron memorables, polo que a entrega das barallas non foi menos, e todos os nenos e nenas se ergueron dos bancos para abrir a caixa e recoller o seu xogo. Unha das mestras quixo agradecer a implicación do Concello para dar vida a este proxecto e recoñeceu que sen a súa axuda non poderían elaborar o xogo. Como mostra de agradecemento, o alumnado outorgoulle cinco barallas para que os membros do Concello puidesen divertirse con elas. O ‘Xogo dos Trasnos’ é especial de por si, pois as cartas teñen ilustradas as caras de cada un dos nenos e nenas do curso.

Na visita, o alumnado narrou a súa primeira actividade realizada coas cartas. Cando recibiron as primeiras unidades do xogo, pensaron en compartir a experiencia lúdica cos maiores. Con ese fin, realizaron dúas xornadas de visitas, unha ao Centro de Día Contigo e outra ao Centro de Día Pescadoira. Nestes espazos divertíronse co ‘Xogo dos Trasnos’ e agasalláronlles unha baralla a cada un dos centros. Os nenos e nenas relataban moi contentos a experiencia, na cal foron obsequiados con xogos para a escola.

Relacionadas

O Porriño redobra a súa aposta pola industria e a actividade empresarial coa distinción...

0
Desde febreiro deste ano é un dos 156 Concellos Emprendedores de Galicia, e un dos 25 que hai na provincia de Pontevedra Concello e Xunta...

O concello de Redondela presenta a nova web e a Tarxeta Cidadá Virtual

0
- A nova tarxeta virtual permite acceder aos servizos municipais e facer trámites a través da web ou dende o propio móbil grazas á...

Tomiño busca incorporar o Bacharelato de Artes ao IES Antón Alonso Ríos

0
O pleno do Concello aprobou a proposta de Alcaldía instar á Xunta a ampliar a oferta educativa e iniciar canto antes as obras de...

O BNG de Meaño convoca á veciñanza a unhaxornada de “O BNG ESCOITA, SEGURIDADE...

0
Será este venres 3 de Maio, ás 21h na Casa se Cultura de Dena. O BNG de Meaño ten o pracer de anunciar a celebración...

O concello de Nigrán ofrece o xoves 9 de maio unha excursión de maiores...

0
A inscrición será o venres 3 de maio de 9:30 a 12:00 no Pavillón de Panxón e o custe de 25 €/persoa O Concello de...

A Senda das Mámoas do Lago de Castiñeiras estará a punto para o 2...

0
A concelleira de Patrimonio, Beatriz Rodríguez, visitou xunto con Juan Castro, da empresa Anta de Moura, a nova Senda das Mámoas, un proxecto de...

Publicacións Relacionadas