Home A Coruña Apertura do prazo de inscrición na Ludoteca municipal da Solaina

Apertura do prazo de inscrición na Ludoteca municipal da Solaina

- Anuncio -

A Ludoteca municipal de Narón, localizada no número 2 da rúa Cardenal Cisneros (A Solaina) abriu o prazo de inscrición neste servizo ata completar a totalidade das prazas dispoñibles, que se dirixen a menores de 3 a 12 anos e preferentemente empadroados en Narón. A edil de Ensino e Bibliotecas, Mercedes Taibo, recordou que as instalacións permanecerán operativas no verán dende o 23 deste mes ata o 8 de setembro, se ben en agosto, igual que en anos anteriores, pechará as súas portas.

O horario de funcionamento nos meses de xuño e xullo será de luns a venres de 10.00 a 13.00 horas, para realizar actividades e obradoiros coas nenas e nenos e de 13.00 a 14.00 para información, recollida de formularios e realización de inscricións no centro.

En total ofértanse 80 prazas –vinte por grupo- para menores de 3 a 6 anos e de 7 a 12 anos. As familias poden elixir entre as quendas do luns, mércores e venres de 10.00 a 13.00 horas, para o grupo azul (3 a 6 anos) e o verde (7 a 12 anos) ou os martes e xoves de 10.00 a 13.00 horas para o grupo laranxa (3 a 6 anos) ou vermello (7 a 12), decantándose por unha opción das dúas posibles en cada franxa de idade.
Para solicitar máis información pódese acudir á Ludoteca e tamén chamar ao número de teléfono 981 389 284 ou escribir un correo electrónico á dirección: ludoteca@naron.es.

Relacionadas

Reunión coas ANPAS do Concello de Ribeira

0
O alcalde de Ribeira e a concelleira de educación, Cruz Rivadulla, mantiveron unha reunión coas ANPAS do Concello nun esforzo por estreitar a colaboración...

O prazo para inscribirse ao Encontro de Maiores de Bergondo xa está aberto

0
· Celebrarase o 2 de xuño e ten un prezo de 10 euros. · As persoas interesadas en apuntarse deberán facelo no gabinete de alcaldía...

O Centro Municipal de Formación Isaac Díaz Pardo axudou a engancharse laboralmente a 4.500...

0
Case 4.500 persoas pasaron durante o pasado ano polo Centro de Formación e Emprego do Concello de Oleiros, unha plataforma municipal para impulsar a...

Incendio nunha fonte na avenida de Caión, no Concello de Arteixo

0
Os bombeiros do parque Comarcal Provincial de Arteixo foron alertados ao redor das 22:00 horas de onte, domingo 5 de maio, dun incendio nunha...

Paderne rememora a “enorme transcendencia” de Francisco Vales Villamarín na inauguración da remodelación do...

0
 O alcalde, Sergio Platas, lembrou a enorme pegada do cronista e quixo agradecer a “insistencia” de Emilio Vila na instalación do monólito hai...

Neda pon en valor a calidade, variedade e sabor dos produtos das panaderías locais

0
O Concello destaca a importancia do sector no municipio como xerador de emprego O Concello de Neda impulsou este domingo dúas novas catas no marco...

Publicacións Relacionadas