Home A Coruña O Padroado da Cultura e a AVV “Os Irmandiños” do Val celebrarán...

O Padroado da Cultura e a AVV “Os Irmandiños” do Val celebrarán dende mañá os actos da Recreación da Lenda da Pena Molexa

- Anuncio -

A programación da Recreación da Lenda da Pena Molexa dará comezo mañá venres coa tradicional andaina solsticial. Así o anunciaron esta mañá a concelleira en funcións de Cultura, Olga Ameneiro, e a presidenta da Asociación veciñal “Os Irmandiños” do Val, Manoli Castro. O Concello organiza un ano máis a convocatoria a través do Padroado da Cultura e en colaboración coa citada entidade veciñal.

A andaina solsticial dará comezo mañá ás 22.30 horas e partirá como cada ano do convento de Baltar, dende onde partirán os participantes ata a Pena Molexa portando fachos cos que iluminarán o percorrido.

As actividades continuarán este sábado, día 10, cun roteiro cicloturista que partirá ás 11.00 horas das inmediacións do centro cívico social do Val. O equipo de Educación Viaria de Narón colabora nesta iniciativa, aberta á participación da cidadanía en xeral e que non precisa de inscrición previa. A Ruta cicloturista, programada para dar a coñecer o patrimonio da parroquia do Val, discorrerá por zonas de castros, casas medievais e construcións eclesiásticas, como son no caso desta parroquia da cidade a igrexa de Santa Margarita ou o convento de Baltar. A duración do percorrido, cunha dificultade baixa, será dun máximo de dúas horas, tal e como indicaron dende a organización.

O acto central deste evento terá lugar o sábado 17 de xuño, xornada para a que se convocaron varias actividades. Ás 18.00 horas haberá unha sesión de xogos tradicionais e populares para que poidan desfrutar deles todas as persoas que acudan. A cita terá tamén un apartado gastronómico, cunha churrascada popular a partir das 20.00 horas e outro musical, cun concerto da formación “Treixadura” dende as 22.00 horas e música popular a cargo da Charanga Alxibeira a partir das 00.30 horas. Media hora antes, ás 00.00 horas, será a tradicional recreación da Lenda da fada da Pena Molexa, na que alumnado da Escola de Teatro de Narón representará a historia dunha moura que pola noite se convertiu en rocha, coincidindo co solsticio de verán.

Dende a AVV animaron á veciñanza a desfrutar desta programación, con propostas para persoas de todas as idades. Así mesmo, Olga Ameneiro valorou o traballo da Asociación de Veciños “Os Irmandiños” e a súa colaboración e a de todo o persoal que se implicará para seguir levando a cabo esta festividade, “unha das máis representativas da nosa cidade”.

Relacionadas

A Xunta realiza labores de conservación e mantemento no río Grande, nos concellos de...

0
As tarefas céntranse nun treito de preto de 5 quilómetros e inclúen a roza puntual e selectiva de arbustos e a retirada de árbores...

Incendio nunha nave na parroquia de Aguiño, no Concello de Ribeira

0
Os bombeiros do parque comarcal provincial de Ribeira, en colaboración cos compañeiros do parque de Boiro, asistiron a primeira hora desta tarde, luns 6...

O colexio público de San Sadurniño celebrará o seu 50º aniversario cun xantar de...

0
O CPI de San Sadurniño celebra durante este curso 2023-24 o medio século de vida. Foi en decembro de 1973 cando se inauguraron unhas...

Belén do Campo reúnese con Teresa Villaverde e destaca os investimentos por case 1...

0
A delegada lembrou que a Xunta investirá este ano case 1 millón de euros na nova depuradora que dará servizo a 382 veciños e...

Pablo Lago pídelle á subdelegada do Goberno que a banda ancha chegue a todas...

0
Alcalde e subdelegada repasaron o mapa de cobertura do concello, que actualmente conta con 246 unidades de actuación en funcionamento o que supón o...

Carballo, sede dunha xornada do Eixo Atlántico sobre as novas liñas de financiamento das...

0
Na reunión, programada para este xoves 9 no Fórum, participarán representantes dos concellos que forman parte do organismo de cooperación transfronteiriza As ETI (Estratexias Territoriais...

Publicacións Relacionadas