Home Xunta de Galicia A Xunta destaca o éxito de Galicia Ilusiona que consolida a Galicia...

A Xunta destaca o éxito de Galicia Ilusiona que consolida a Galicia como capital mundial do ilusionismo

- Anuncio -

 A directora de Turismo de Galicia, Nava Castro, incidiu no éxito deste festival de ilusionismo que xa é un referente mundial dentro do mundo da maxia


 Galicia volverá a ser a gran capital mundial do ilusionismo durante os meses de setembro e outubro.


 O pasado ano o festival logrou esgotar todas as entradas das galas que organizou nas 7 cidades galegas e reunir a máis de 52.000 persoas

A directora de Turismo de Galicia, Nava Castro, participou hoxe na presentación da nova edición da iniciativa Galicia Ilusiona, que este ano consolidará a Galicia como a capital mundial do ilusionismo.
Durante o desenvolvemento do acto, a directora de Turismo de Galicia incidiu no éxito acadado por este festival que se converteu nun dos máis grandes de Europa, con máis de 30 artistas achegados de todos os recunchos do mundo. Gracias a todo iso, o festival logrou esgotar todas as entradas ás galas que organizou nas 7 cidades galegas ou reunir a máis de 52.000 persoas.
Neste senso, Nava Castro destacou o éxito desta iniciativa e que da man de eventos como este, Galicia volverá a ser a gran capital mundial do ilusionismo durante os meses de setembro e outubro.

“Temos que sentirnos orgullosos do traballo realizado dende tódolos sectores, xa que gracias a isto, somos un destino elixido por milleiros de persoas para visitar e, por suposto, de ter esa maxia que nos fai tan especiais aos galegos e de que sigamos sendo o destino favorito para a celebración de actuacións tan espectaculares como, estou segura, levarán a cabo os participantes deste festival de ilusionismo”, finalizou a directora de Turismo.

Relacionadas

A Xunta destaca o éxito da V edición do Bono Activa Comercio con preto...

0
José González visita esta tarde dous comercios da rúa Xoán XXIII de Ourense que participan nesta campaña e ofrecen os descontos financiados polo Goberno...

A Xunta reúnese coa AECT Río Minho para abordar os proxectos en marcha en...

0
O director xeral de Relacións Exteriores e coa UE, Jesús Gamallo, reuniuse cos responsables desta entidade de cooperación, no marco da rolda de contactos...

A Xunta destina máis de 257.000€ á renovación da instalación da Protección de Incendios...

0
A plataforma Contratos públicos de Galicia publica hoxe a licitación da obra, coa previsión de que poida empezar en setembro cun prazo de execución...

A Xunta apoia o achegamento dos máis pequenos ao oficio da xoiería mediante o...

0
— O secretario xeral técnico da Consellería de Emprego, Comercio e Emigración, Joaquín Macho, asistiu hoxe á cerimonia de entrega de premios deste concurso...

A Xunta felicita ao grupo ‘Las Rías’ polos seus 50 anos como referente do...

0
O secretario xeral de Emprego e Relacións Laborais, Pablo Fernández, participou hoxe no acto conmemorativo celebrado en Vigo por este grupo empresarial, do que...

A Xunta destaca na Festa do Champiñón o potencial agrogandeiro da Comarca de Ordes

0
O conselleiro de Presidencia, Xustiza de Deportes, Diego Calvo, percorreu esta mañá acompañado do alcalde de Ordes, José Luis Martínez Sanjurjo o recinto da...

Publicacións Relacionadas