Home O Condado Mondariz O Concello de Mondariz pon ao día os pagos e documentación dos...

O Concello de Mondariz pon ao día os pagos e documentación dos postos ambulantes da feira dos domingos

- Anuncio -

Logo dun intenso traballo de inspección e organización, o goberno do Concello de Mondariz pon ao día a meirande parte da documentación e pagos das taxas por venda ambulante na feira dos domingos. Segundo explica a alcaldesa en funcións, Elena Naveira, co obxectivo de facer cumprir a ordenanza reguladora o goberno local púxose en contacto de xeito individual e grupal coas e cos vendedores do mercadiño para actualizar os expedientes e implantar melloras de cara a conseguir unha feira más ordenada e atractiva para as e os visitantes.

En colaboración coa concellería de Facenda que dirixe a concelleira Mónica Vázquez, o primeiro paso foi facer curmprir cos pagamentos obrigados ao detectar o goberno unha débeda de 6.967€ de impagos dende o ano 2020. “Nestes meses fomos quen de dialogar cos feirantes para que saldaran as súas débedas e tamén achegaran a documentación que durante anos non se actualizara”. Unha vez ao día nos pagos, o Concello solicitou toda a documentación regulamentaria para actualizar os expedientes dos 97 postos que traballan no mercadiño ambulante dos domingos.

Con este traballo feito, o concelleiro de Medio Ambiente, Tino Menéndez, e a concelleira de Comercio, M.ª José Álvarez mantiveron un encontro coas e cos vendedores ambulantes para avaliar necesidades e estudar melloras. De xeito consensuado acordaron volver á reorganizar os postos collendo como modelo a distribución de antes da pandemia. Agora, o Concello procederá a marcar cunha chapa o emprazamento de cada un dos postos e nos vindeiros meses pasará a implantar a nova colocación de postos.

“A feira dos domingos é o principal dinamizador socioeconómico do noso concello e un escaparate de cara ás persoas que se achegan non só para mercar, tamén para gozar de tempo de lecer. Ante o caos existente, o propio colectivo tiña a necesidade dun control e dunha organización para un bo desenvolvemento da actividade”, explica Elena Naveira que engade que esta reorganización permitirá permitirá recuperar os metros que tiñan antes da pandemia.

Ademais, no encontro insistíuse na necesidade de respectar os horarios de carga e descarga e de montaxe e desmontaxe así como os de entrada de vehículos. Por este motivo e ante a falta de persoal no departamento de Seguridade Cidadá, serán as propias concelleiras e concelleiros do goberno as que colaborarán cada domingo na organización e colocación dos postos unha vez se coloquen as chapas metálicas numeradas.

“Mercar na feira de Mondariz é un hábito moi instaurado nas familias da área metropolitana. Para facilitar as persoas que venden o desenvolvemento do seu traballo e para garantir unha experiencia de maior calidade e harmoniosa, seguiremos traballando en continuas melloras”, sinala Naveira.

Relacionadas

A veciñanza xa pode votar polo mellor lema contra o machismo no deporte

0
Desde hoxe luns e ata o mércores día 15, todos os veciños e veciñas de Redondela que o desexen poden votar na Campaña pola...

O xeodestino Condado Paradanta suma catro novos distintivos SICTED de compromiso de calidade turística

0
O Xeodestino Condado Paradanta conta dende hoxe con catro novos distintivos SICTED de compromiso de calidade turística que se suman aos 49 existentes e...

Luis López salienta unha aposta sen precedentes polas infraestruturas deportivas no Deza e Tabeirós-Terra...

0
O presidente provincial presenta os proxectos que financiará a Deputación ao abeiro do Plan Extraordinario de Infraestruturas Deportivas nos concellos da Estrada, Lalín, Dozón,...

A Deputación prepara as instalacións do Centro de Servizos e Apoio Empresarial de Barro...

0
A Oficina de Transformación Comunitaria prestará os servizos de difusión, acompañamento e asesoramento gratuíto para impulsar a creación de comunidades enerxéticas nos concellos da...

Mos mellora e completa o seu inventario municipal de viais

0
-          Inicia o procedemento de contratación dun documento programático que rexistrará as características de todas as vías do municipio, incluso as que se atopan fóra de...

O Porriño avanza na creación dunha gran zuna verde do centro urbano

0
O PORRIÑO AVANZA NA CREACIÓN DUNHA GRAN ZONA VERDE DO CENTRO URBANO O proxecto de humanización da contorna do centro social e humanización de Pío...

Publicacións Relacionadas