Home Pontevedra A veciñanza xa pode votar polo mellor lema contra o machismo no...

A veciñanza xa pode votar polo mellor lema contra o machismo no deporte

- Anuncio -

Desde hoxe luns e ata o mércores día 15, todos os veciños e veciñas de Redondela que o desexen poden votar na Campaña pola Igualdade no deporte “E ti por que loitas?” . Trátase dunha acción colaborativa entre os diversos clubs deportivos do Concello de Redondela e organizada polas concellerías de Igualdade e Deportes. Foron os propios clubs os que propuxeron lemas para esta campaña co fin dar visibilidade á opinión da nosa mocidade sobre as desigualdades presentes no deporte. As propostas poden consultarse na web do Concello de Redondela ou a través da app da Tarxeta Cidadá e son: “Por min, por ti, por nós… Labrando futuro”; “Como muller, nin un PASE atrás”; “Tod@s coa mesma pegada, o éxito é loitar pola igualdade”; “Na loita polo noso deporte só poñemos paixón, nin zapatillas, nin tacón”; “Porque na pista, a diversidade é a nosa forza, rompemos estereotipos para rodar cara á igualdade. E ti, súmaste?”

Para votar é preciso ter dado de alta a Tarxeta Cidadá do Concello de Redondela e estar empadroado na localidade. Os concelleiros Iria Vilaboa e Iván Valles animan á veciñanza a participar nesta votación “xa que o obxectivo é que toda a sociedade se implique”. Os dous lemas máis votados serán instalados nos pavillóns municipais de Redondela e A Marisma “para conmemorar esta campaña e lembrar, día a día, a importancia continuar coa loita pola igualdade”. Os dous lemas gañadores serán publicados o 17 de maio na web e redes do Concello.

Relacionadas

O Rosal inaugura a Oficina da Enerxía para liderar a transición enerxética no municipio

0
O acto inaugural será o vindeiro martes 21 de xaneiro ás 20.00 h no Salón de exposicións do Concello O Rosal segue a dar pasos...

A camelia protagonista esta fin de semana en Tui

0
Setenta e cinco expositores galegos, portugueses e asturianos presentarán no Claustro da Catedral acollerá máis de 125 metros cadrados dedicados a esta flor O Claustro...

Mos avanza nas reunións veciñais cun rexeitamento rotundo á nova A52 noutra sesión informativa...

0
Tras as reunións coas parroquias de Sanguiñeda, Petelos e Tameiga, hoxe celebrouse unha nova xuntanza con Pereiras. Existe previsión de ampliar nos días 22, 27...

Digna Rivas: “Ao negar a represión franquista en San Simón o PP actúa como...

0
Para a rexedora redondelá, as declaracións do deputado popular José Luis Ferro o único que fan é “branquear o franquismo, actuando como cómplice da...

O BNG esixe melloras urxentes en dúas estradas municipais en mal estado

0
Davinia Lojo reclama ao Concello de Marín actuacións inmediatas en Macenlle-A Moreira e Arealonga para garantir a seguridade viaria e mellorar a mobilidade da...

O alcalde de Nigrán recomenda ao deputado popular José Luis Ferro a lectura do...

0
Juan González, rexedor de Nigrán e historiador experto na Guerra Civil, ten documentado xunto a Antonio Caeiro e Clara de Saá fusilamentos e centos...

Publicacións Relacionadas