Free Porn
xbporn
Home Lugo A Mariña Occidental A Xunta realiza labores de conservación e mantemento no Rego de Bravos,...

A Xunta realiza labores de conservación e mantemento no Rego de Bravos, ao seu paso polo concello de Viveiro

- Anuncio -

As tarefas céntranse nun treito de preto de 2,5 quilómetros e inclúen a roza puntual de arbustos e a retirada de árbores e biomasa na canle para evitar atoamentos

A Consellería de Medio Ambiente e Cambio Climático, a través de Augas de Galicia, comezou a executar hoxe actuacións de conservación e mantemento no rego de Bravos, ao seu paso polo concello de Viveiro.

As tarefas, que se desenvolverán en preto de 2,5 quilómetros do rego de Bravos, ao seu paso polas parroquias de Galdo e Landrove, consisten na retirada de árbores e biomasa presente na canle fluvial para evitar atoamentos así como en labores de roza puntual de arbustos no acceso á canle.

As actuacións, que xa foron comunicadas ao concello de Viveiro, prolongaranse durante aproximadamente unha semana e realizaranse mediante a aplicación de ferramentas manuais, o uso de motoserras e rozadoras co apoio de tractores e un camión.

Unha vez finalizadas as obras programadas polo organismo de conca autonómico, este tramo do rego de Bravos quedará despexado de maleza, posibilitando así a circulación fluída das súas augas.

Cómpre subliñar que Augas de Galicia desenvolve este tipo de accións no marco do programa de mantemento, conservación e mellora do dominio público hidráulico das bacías de Galicia-Costa e nas súas zonas de acceso e protección.

O obxectivo é avanzar e mellorar os leitos fluviais para favorecer as condicións naturais do ecosistema dos ríos, actuando nas áreas nas que a Xunta ten competencias, fóra das tramas urbanas fluviais de responsabilidade municipal.

Relacionadas

Tres estudantes representan a Galicia en Lyon  na maior competición internacional de FP

0
— Trátase de Ezequiel Toro, do IES San Clemente de Santiago; María Bazar, do CIFP Paseo das Pontes da Coruña, e de Laura Pereira,...

A Xunta avanza na mellora da rede de saneamento do núcleo urbano de Lalín...

0
Ángeles Vázquez engade que se instalará un parque infantil na cuberta do tanque co obxectivo de mellorar a integración paisaxística da obra A Xunta de...

López Campos anuncia que a Xunta actuará nos xacementos da Illa de Tambo para...

0
— O titular de Cultura do Goberno galego encadra esta intervención no compromiso da Administración autonómica coa conservación e protección dos bens culturais — Lembra...

A Xunta incorpora máis de 100 empresas galegas e seis espazos protexidos á nova...

0
Participan un total de 331 empresas turísticas locais das catro comunidades autónomas situadas en 25 espazos protexidos da España Verde e permitirá realizar actividades...

Rueda reitera o apoio da Xunta aos 295 concellos adheridos a Sogama ao asumir...

0
 Anuncia que a Xunta se reunirá a semana que vén coa Fegamp para explicarlle como se realizará esa transferencia de fondos  Pon en...

A Xunta comeza as obras da Intermodal de Lugo para dotar á cidade dunhas...

0
O conselleiro de Presidencia, Xustiza e Deportes, Diego Calvo, visitou as obras, que empezaron esta semana e que se levan a cabo en coordinación...

Publicacións Relacionadas