Home Sin categoría O Concello de Lousame convoca unha nova edición dos Obradoiros da Memoria,...

O Concello de Lousame convoca unha nova edición dos Obradoiros da Memoria, unha actividade gratuíta para maiores de 60 anos

- Anuncio -

Os obradoiros darán comezo a próxima semana, cunha sesión semanal nos locais sociais de Sanguiñal, Aldeagrande, Cruído, Vilacova e Escabia. A inscrición estará aberta durante todo o curso

A Concellería de Servizos Sociais do Concello de Lousame convoca a edición número 21 dos Obradoiros da Memoria, unha actividade gratuíta dirixida a mellorar a calidade de vida dos veciños e veciñas maiores de 60 anos a través de actividades dirixidas a manter e mellorar capacidades como a atención, a memoria, o cálculo ou a linguaxe. Unha iniciativa organizada polo Concello de Lousame en colaboración da Consellería de Política Social e Xuventude.

A concelleira de Servizos Sociais, Silvia Agrafojo, explica que o obxectivo é “mellorar a calidade de vida dos nosos maiores a través de actividades que exercitan a súa memoria para así previr ou retardar a aparición do deterioro cognitivo, ao tempo que promovemos a socialización destas persoas, que teñen así un día e un lugar no que xuntarse coas amizades e coa veciñanza para recordar o que xa saben e seguir aprendendo cousas novas”.

Inscricións abertas todo o ano

Os obradoiros abrirán as súas portas a próxima semana e as clases impartiranse todos os martes nos locais sociais do Sanguiñal (dúas sesións de 09:30 horas e 10:30 horas) e Aldeagrande (12:00 horas), os mércores no local social de Cruído (10:00 horas), os xoves no local social de Vilacoba (10:00 horas) e os venres no local social da Escabia (11:30 horas). As sesións terán lugar ao longo dunha hora e para formar grupo será necesario un mínimo de 5 persoas participantes.

“Dende o Concello animamos a todas as persoas maiores de Lousame a que veñan participar nesta actividade pois notarán que mellora moito a súa calidade de vida”, apunta Silvia Agrafojo, quen apunta que “de haber novas incorporacións, o Concello está disposto tanto a incrementar o número de sesións como a levar os talleres a outras parroquias”.

Os Talleres de Memoria están abertos a todos os veciños e veciñas de Lousame maiores de 60 anos. A inscrición é totalmente de balde e pode facerse en calquera momento do ano nos Servizos Sociais de Lousame, chamando ao 981 820 494 ou por WhatsApp no 689 126 385. As clases inclúen actividades para manter e mellorar capacidades como a atención, a memoria, as funcións executivas, o cálculo ou a linguaxe. Unhas áreas que se traballan mediante dinámicas e exercicios adaptados tanto ao nivel do grupo como ao de cada persoa participante. O ano pasado contaron coa participación de máis de medio cento de persoas.

Relacionadas

Luis López avanza a creación dunha aplicación móbil de realidade aumentada sobre as Rías...

0
O presidente provincial, acompañado pola vicepresidenta Luisa Sánchez e os deputados Nava Castro e Jesús Vázquez Almuíña, inaugurou a sexta edición da xornada TurisTIC...

Obradoiro de mantemento de PC na Casa da Mocidade Portaberta

0
O próximo 31 de maio, de 17:30 a 19:30 horas, terá lugar unha nova actividade en Portaberta (Santa Cruz) para xuventude entre 14 e...

Aberto o prazo de inscrición para participar nas Escolas DepOUrtivas de Verán 2024

0
Esta iniciativa de conciliación familiar ofrecerá durante o mes de xullo actividades de 8.00h a 14.00 h. para nenos e nenas da provincia nados...

O PP de Culleredo denuncia o abandono total do comercio local das rúas peonís...

0
∙ Veciños e comerciantes levan anos avisando da progresiva deterioración desta zona, que no seu día albergaba os mellores comercios e locais de hostalería...

As Somozas ofrece un vehículo para servizos sociais

0
● O novo transporte adquirido, subvencionado pola Deputación da Coruña, ten unha capacidade máxima para cinco ocupantes e poderá ser empregado polo persoal auxiliar...

O BNG traslada a Comisión de Urbanismo as queixas do deterioro do parque de...

0
O BNG de Poio trasladou esta mañá na Comisión de Urbanismo as queixas da veciñanza da zona de Ankar en San Salvador, xa que...

Publicacións Relacionadas