Home Sin categoría O BNG traslada a Comisión de Urbanismo as queixas do deterioro do...

O BNG traslada a Comisión de Urbanismo as queixas do deterioro do parque de ANKAR.

- Anuncio -

O BNG de Poio trasladou esta mañá na Comisión de Urbanismo as queixas da veciñanza da zona de Ankar en San Salvador, xa que existe un grande malestar entre a veciñanza e as persoas usuarias do parque polos desperfectos causados na contorna do parque tras a continua instalación de infraestruturas para a celebración de diferentes eventos.

Dende o BNG “solicitámoslle ao Goberno Local máis control destas actividades nos espazos públicos”, xa que se lles debe esixir coidado e respeto dos espazos verdes e debe haber, por parte da administración municipal, un seguimento e control. A portavoz nacionalista fixo fincapé en que “hai que esixirlle ás empresas o coidado do entorno”. Neste sentido instou ao goberno municipal a que lles esixa “facer fronte aos posíbeis desperfectos que poidan ocasionar no espazo público”.

Actualmente o espazo verde de Ankar sofre un claro abandono así como un importante deterioro provocado pola falta de seguimento e deixadez do goberno do Partido Popular no seu coidado e protección. É polo tanto necesario que o goberno municipal abandone a súa pasividade e proceda a rehabilitar esta zona.

A portavoz municipal, Marga Caldas, esixe do goberno municipal do PP “máis control das actividades privadas no espazo público, porque súa é a obriga de que estean nas mellores condicións posíbeis. E é evidente que coa entrada do Partido Popular no goberno de Poio os espazos verdes están abandonados, sen seguimento e sen mantemento”.

Relacionadas

A Xunta contribúe, no marco da Rede de Polos, ao asesoramento en comunicación e...

0
― O secretario xeral de Emprego e Relacións Laborais, Pablo Fernández, participou na xornada de clausura de Alento, programa impulsado polo Goberno galego e...

A Bibioteca Municipal de Baiona celebra o Día das Escritoras con “Encontros coa escritora...

0
A concellería de Cultura do Concello de Baiona, a través da Biblioteca Pública Municipal, celebra o Día das Escritoras, coa celebración dunha actividade que...

Rueda destaca o gran futuro do Camiño Portugués que xa é a Ruta Xacobea...

0
 Asegura que hai marxe a seguir medrando sen perder a esencia e aposta por promover a desestacionalización  O Camiño Portugués e a súa...

A Aula da Natureza de Cabo Udra acolle este outubro novas actividades medioambientais

0
• Os eventos desenvolveranse na propia Aula e na súa contorna e haberá propostas para todos os públicos • As persoas que desexen participar deberán...

Discamino súmase á edición máis inclusiva da carreira de empresas de Galicia-Interrruning

0
● O evento deportivo organizado por Interrunning Club en colaboración co Concello do Porriño apoiará Bicos de Papel, a AECC e o programa municipal...

Dez servizos turísticos do destino SICTED “Trevinca-Valdeorras” reciben o distintivo de “Compromiso de Calidade...

0
O presidente da Deputación, Luis Menor, participou esta tarde no Castelo de O Bolo, xunto ao alcalde do municipio, Alberto Vázquez; e ao director...

Publicacións Relacionadas