Home Ourense Chaves promocionará o luns o seu Festival Gastronómico do Bacallau cunha exhibición...

Chaves promocionará o luns o seu Festival Gastronómico do Bacallau cunha exhibición en Bispo Cesáreo

- Anuncio -
  • O Concello de Ourense colabora con esta iniciativa, que promocionará o evento que se desenvolverá na cidade portuguesa do 1 ao 5 de maio

A Cámara Municipal de Chaves presentará o vindeiro luns, 15 de abril, en Ourense o Festival Gastronómico do Bacallhau, que se desenvolverá na cidade portuguesa desde o día 1 ao 5 de maio. Con esta finalidade, coa colaboración do Concello de Ourense, organizará unha exhibición ás 14.30 horas nos Xardíns do Bispo Cesáreo, onde un chef elaborará un prato de autor de bacallau diante do público que desexe asistir.

Con esta iniciativa, Chaves promociona un evento que chega este ano á súa  terceira edición, logo de ter congregado nos anos anteriores unha grande participación de público, entre o que se rexistrou a asistencia de moitas persoas procedentes de España.

Do 1 ao 5 de maio, máis de 60 restaurantes e unidades hoteleiras flavienses servirán pratos ou menús de bacallau que prometen conciliar a innovación coa tradición, marcados igualmente pola exuberancia e sabor da gastronomía da localidade. Un xurado avaliará os máis de 40 pratos a concurso, nas categorías de mellor entrante, mellor prato principal, mellor prato tradicional, talento novo e innovación gastronómica. Amais dos premios do xurado, o público asistente elixirá o galardón ao mellor restaurante a concurso

Relacionadas

Máis de 700 escolares celebraron o Día das Letras Galegas na Praza Maior, nun...

0
Alumnado dos colexios da cidade rendeulle homenaxe ás letras e á poeta homenaxeada, a través de cancións, bailes, poesías e manifestos Máis de 700 escolares...

O Partido Popular de Ourense conmemora o Día das Letras Galegas poñendo en valor...

0
O Partido Popular de Ourense celebrou esta tarde un acto para conmemorar o Día das Letras Galegas, ao carón do monumento do escritor ourensán...

A Xunta de Goberno Local aprobou 24 acordos na súa sesión ordinaria desta semana

0
A Xunta de Goberno Local do Concello de Ourense aprobou 24 acordos na súa sesión ordinaria desta semana, que se desenvolveu esta mañá no...

A XV BTT de Maceda – Copa Deputación reunirá ao redor de 250 participantes

0
O asesor de Deportes da Deputación, Quique Álvarez, participou hoxe en Maceda, na presentación da XV BTT de Maceda – Copa Deputación que se...

O escultor ourensán Xosé Cid presenta o catálogo “Silencio e materia” que recompila os...

0
O director da Área de Cultura e Deporte da Deputación, Marcos Vázquez, participou hoxe na presentación deste catálogo no Centro Cultural Marcos Valcárcel, onde...

A Deputación colabora coa 12ª edición de Funergal que amosará en Expourense o potencial...

0
Luis Menor puxo en valor “o gran traballo” que se realiza na provincia a prol deste sector que, ao contrario do que acontece no...

Publicacións Relacionadas