Home Pontevedra Baixo Miño Tomiño comeza a transformación da contorna da Costa, da estatua e da...

Tomiño comeza a transformación da contorna da Costa, da estatua e da igrexa da Peregrina en Estás

- Anuncio -

A actuación supón un investimento de 375.000 euros e busca mellorar e reverdecer este espazo de prioridade peonil

O Concello de Tomiño dá un paso máis no proceso de transformación e mellora dos espazos públicos, convertendo os núcleos das parroquias en lugares de encontro e lecer no que se aposta por crear novos espazos para as persoas. A vindeira semana comezarán os traballos de urbanización e mellora da contorna da Costa, da estatua e da igrexa da Peregrina de Estás, unhas obras que suporán un investimento de 375.000 euros e que suporán a transformación deste espazo en apenas cinco meses.
A alcaldesa, Sandra González, destaca a importancia desta intervención, “que recolle o noso compromiso pola transformación do modelo urbano do municipio, mellorando os espazos públicos para o desfrute da veciñanza e potenciando os núcleos de centralidade en todas as parroquias. Con estas obras crearemos unha contorna máis agradable e accesible, fomentando a integración de toda a zona”.
A remodelación da contorna da Costa permitirá incorporar unha maior humanización do espazo, buscando unha mellor integración da zona da praza da igrexa co vieiro que dá acceso ás vivendas a través dunha plataforma única que facilite a accesibilidade e o uso preferente peonil.
Acondicionarase o espazo eliminando o pavimento existente de aceira e asfalto para substituílo por un pavimento que dea continuidade ao conxunto e que alternará con zonas de baldosas para destacar elementos como a propia igrexa, o palco, o banco de pedra ou a zona da fonte. Nese camiño de mellora do espazo reverdecerase a contorna creando unha arboreda colocada de forma estratéxica en alcorques e parterres que dará maior amplitude aos espazos e contribuirán a delimitar o paso de vehículos, reducindo a velocidade do tráfico rodado e facendo o vieiro máis seguro para a veciñanza. Por outro lado, darase un tratamento singular aos elementos de valor da contorna como a propia igrexa, o palco de música, a estatua da Peregrina e os elementos de arquitectura indiana.
Nesta recuperación de espazos, mellorarase a conexión entre o Centro Cultural de Estás e a igrexa da Peregrina e realizarase unha pequena modificación do alumeado para contar con novos puntos de luz que realcen a transformación de toda a contorna. Ademais, daráselle importancia a aquelas obras que non se ven mellorando o saneamento e abastecemento e darase tamén solución á problemática existente de recollida induficientedas augas pluviais que en momentos de chuvias torrenciais ten xerado importantes problemas á veciñanza. O resultado será “un espazo público contemporáneo, máis humanizado no que prima o uso peonil e que pon en valor a arquitectura e mais o espazo”.

Relacionadas

O Concello de Nigrán insta ao Parlamento a que tramite de xeito urxente unha...

0
María Jesús Seoane, vicepresidenta de AGAELA e ex-traballadora do Concello de Nigrán , leu a moción ante a ovación dos seus antigos compañeiros e...

Covelo felicita a Leonor polo seu 101 aniversario

0
Leonor cumpre hoxe 101 anos na compaña do persoal da residencia de maiores de Covelo e das e das residentes. Esta veciña de Sabarís,...

Marín ruxirá esta fin de semana coa celebración en Briz do Ruxe Marín

0
Axe Bahía Batucada presentaron o evento xunto coa concelleira de Festas, Marián Sanmartín.  A Asociación Cultural Axé Bahia Batucada presentou xunto coa concelleira de Festas,...

Os xogos de auga do Paseo Alcalde Blanco volverán estar activos esta fin de...

0
A brigada municipal de Augas está estes días poñendo de novo en funcionamento o sistema, que non supón gasto de auga dado que se...

A Deputación remarca a pegada de “Sempre en Galiza” na cultura galega nas xornadas...

0
Rafa Domínguez recordou que o manuscrito orixinal “dun dos testemuños máis destacables da actividade de Castelao, no que da voz ao momento que vivía...

EuRural e o Xeodestino Ría de Vigo e Baixo Miño brillan baixo os focos...

0
Durante tres días o público puido visionar os vídeos promocionais da campaña ‘Vivir experiencias, compartir territorio’ e a contraportada do Canzine destacou o proxecto...

Publicacións Relacionadas