Home A Coruña IV Andaina Solidaria de Castiñeiras

IV Andaina Solidaria de Castiñeiras

- Anuncio -

O concelleiro de Ribeira, Xabier Vidal, presentou hoxe xunto a Abraham Benítez e a presidenta da ANPA do colexio Sagrado Corazón de Castiñeiras, María Pego; a IV Andaina Solidaria de Castiñeiras – Memorial Juan Vidal Pérez, que se celebrará o domingo 28 de abril ás 11:00 dende o Castro de Castiñeiras.

A andaina está organizada pola ANPA de Castiñeiras coa colaboración do Concello, e tódolos fondos que se recauden irán destinados para a Asociación de Nais e Pais; co propósito de organizar actividades, obradoiros e charlas para os rapaces e rapazas ao longo do curso escolar.

Segundo destacou Abraham Benítez, a andaina será circular e terá un percorrido de 5 km, que discorrerán entre o Castro de Castiñeiras e Aguiño. “Juan Vidal Pérez comezou con este evento fai moitos anos e hoxe seguimos organizando esta andaina na súa memoria, co propósito de promover o deporte de base e inclusivo.” explicou. As inscricións poderanse realizara través da páxina web Galitiming e terá un prezo de 6 euros.

Relacionadas

O Xeoparque Cabo Ortegal celebra o seu primeiro aniversario

0
Unha ateigada Casa da Cultura de Valdoviño acolleu o acto central da conmemoración do primeiro aniversario da declaración do Xeoparque Cabo Ortegal como Xeoparque...

Incendiado un vehículo no punto quilométrico 555 da A-6 á altura do concello de...

0
Os bombeiros do parque comarcal provincial de Betanzos foron alertados ao redor das 15:30 horas desta tarde do incendio nun vehículo na A-6, á...

Participantes no obradoiro de acollemento lingüístico aprenden sobre flora e fauna autóctonas nunha ruta...

0
Máis de vinte persoas de diferentes nacionalidades participan no curso organizado pola Concellaría de Normalización Lingüística Os máis de vinte participantes no obradoiro de acollemento...

O concello presentará a candidatura para que A Laracha sexa recoñecida por UNICEF como...

0
A distinción poría en valor as boas práctica municipais no desenvolvemento de políticas locais en materia de infancia e adolescencia. O goberno local elevará á...

En marcha as obras de mellora da estrada entre O Igrexario de Golmar e...

0
O proxecto estará valorado en 106.000 euros. Comezou a execución do proxecto de mellora da estrada que comunica O Igrexario de Golmar e San Pantaión,...

O Concello reclamará á Xunta as deficiencias que alertan os traballadores da Residencia pública...

0
Representantes dos traballadores da Residencia Asistida de Maiores de Oleiros, de titularidade da Xunta de Galicia, reuníronse co alcalde Ángel García Seoane para trasladar...

Publicacións Relacionadas