test
Home Vigo Mos Lorenzana continúa coa ronda de contacto cos alcaldes galegos cun encontro coa...

Lorenzana continúa coa ronda de contacto cos alcaldes galegos cun encontro coa rexedora de Mos para abordar o desenvolvemento de solo empresarial no concello

- Anuncio -

A conselleira de Economía e Industria, María Jesús Lorenzana, mantivo hoxe un encontro coa alcaldesa de Mos, Nidia Arévalo, con quen tratou as necesidades de solo industrial que ten o concello e a futura planificación.

Este encontro enmárcase na rolda de contactos que Lorenzana está a manter cos distintos rexedores e rexedoras locais, toda vez que a Consellería acaba de asumir as competencias en materia de solo industrial, a través da Dirección xeral de Estratexia industrial e solo empresarial.

Na reunión tamén se avaliaron as medidas do Plan de aceleración de proxectos industriais, que garante a tramitación en menos dun ano daquelas iniciativas empresariais con máis de 800.000 euros de investimento.

Ademais dos servizos de atención personalizada ás empresas que ofrece a Oficina Económica de Galicia, na xuntanza falouse sobre o programa de axudas da Xunta para polígonos industriais. Trátase dunha primeira liña para a mellora de infraestruturas, dotada de 3,5 M; outra, en proceso de resolución, para a creación de viveiros industriais, con 1,5M€ de orzamento; e, en terceiro lugar, para o reforzo e extensión das redes de distribución eléctrica dos parques empresariais, que conta cun crédito de 4,7 M€.

A conselleira puxo en valor as funcións da nova Dirección xeral de Estratexia industrial e solo empresarial, que inclúe na planificación industrial e enerxética a capacidade, tamén, para xestionar o solo empresarial que existe en Galicia e desenvolvelo onde sexa necesario.

Relacionadas

A Deputación abre este luns o prazo de inscrición para participar nas rutas do...

0
Serán en total oito percorridos e terán lugar todos os sábados e domingos do mes. Comezarán o 6 de xullo coa ruta do Xabriña...

A Deputación abre o próximo martes a inscrición aos obradoiros de verán do Museo...

0
Son cinco propostas diferentes para nenas e nenos de 6 a 12 anos, con quendas semanais ao longo dos meses de xullo e agosto O...

A Deputación reforzará a seguridade no edificio que alberga o Servizo de Patrimonio Documental...

0
A institución provincial vai encargar a redacción dun proxecto para definir as actuacións necesarias para incrementar a seguridade no edificio, entre as que se...

AGADER convoca unha reunión informativa sobre o Polígono Agroforestal de Cabreira

0
A Axencia Galega de Desenvolvemento Rural convoca para o vindeiro xoves 27 de xuño ás 11:00 horas unha reunión con todas as persoas propietaias...

A Deputación tínguese de turquesa ata o vindeiro luns con motivo do Día Nacional...

0
A institución provincial únese a Xoga para recordar o papel das Linguas de Signos na transmisión de ideas, a relación persoal e social e...

Luis López sinala a sinatura do convenio para a grada de Gol de Balaídos...

0
O presidente provincial, acompañado pola vicepresidenta Luisa Sánchez, asina o convenio de colaboración co Concello de Vigo para investir máis de 13 millóns de...

Publicacións Relacionadas