Home Pontevedra Soutomaior impulsa a segunda fase do ‘transporte a demanda’ tras o éxito...

Soutomaior impulsa a segunda fase do ‘transporte a demanda’ tras o éxito na súa implantación

- Anuncio -

Aos colectivos que xa podían facer uso do servizo súmanse todos os veciños e veciñas maiores de 65 anos e as persoas con problemas de mobilidade acreditable.

O Goberno de Soutomaior impulsará a segunda fase do servizo de ‘transporte a demanda’ municipal despois de comprobar o éxito na primeira fase, implantada desde o pasado mes de setembro. Este servizo ten por obxectivo facilitar a mobilidade entre as dúas parroquias do concello para que determinados colectivos poidan realizar trámites na Casa do Concello ou no Centro de Benestar Integrado ou achegarse ao centro de saúde de Arcade.
Na primeira fase, os colectivos beneficiarios foron as persoas usuarias de servizos sociais, persoas en risco de exclusión social, persoas maiores e todas aquelas persoas con necesidades de transporte específicas. Nesta segunda fase súmanse todos os veciños e veciñas do concello maiores de 65 anos e aquelas persoas con problemas de mobilidade acreditables. Tantos uns como outros tamén poderán facer uso deste servizo para achegarse ás dependencias municipais ou para acudir ao centro de saúde de Arcade.
Ao igual que a primeira fase do transporte a demanda, a segunda tamén será tramitada directamente polos Servizos Sociais do Concello de Soutomaior, que se encargarán de xestionar todo o procedemento, unha vez que as persoas interesadas se poñan en contacto cos traballadoras de Servizos Sociais.
O alcalde de Soutomaior, Manu Lourenzo, sinalou que “o transporte a demanda impulsado polo goberno de Soutomaior demostrou ser un éxito. Nestes primeiros meses de implantación foron moitos os veciños e veciñas que se beneficiaron deste servizo, e agora, con esta segunda fase, van a ser moitos máis os que se beneficien. Medidas como o transporte a demanda melloran a vida da veciñanza de Soutomaior, e niso traballamos no goberno de Soutomaior: en facer que a nosa veciñanza viva mellor, construíndo un Soutomaior máis amable, próximo e no que non deixamos a ninguén atrás”.

Relacionadas

O Concello de Nigrán insta ao Parlamento a que tramite de xeito urxente unha...

0
María Jesús Seoane, vicepresidenta de AGAELA e ex-traballadora do Concello de Nigrán , leu a moción ante a ovación dos seus antigos compañeiros e...

Covelo felicita a Leonor polo seu 101 aniversario

0
Leonor cumpre hoxe 101 anos na compaña do persoal da residencia de maiores de Covelo e das e das residentes. Esta veciña de Sabarís,...

Marín ruxirá esta fin de semana coa celebración en Briz do Ruxe Marín

0
Axe Bahía Batucada presentaron o evento xunto coa concelleira de Festas, Marián Sanmartín.  A Asociación Cultural Axé Bahia Batucada presentou xunto coa concelleira de Festas,...

Os xogos de auga do Paseo Alcalde Blanco volverán estar activos esta fin de...

0
A brigada municipal de Augas está estes días poñendo de novo en funcionamento o sistema, que non supón gasto de auga dado que se...

A Deputación remarca a pegada de “Sempre en Galiza” na cultura galega nas xornadas...

0
Rafa Domínguez recordou que o manuscrito orixinal “dun dos testemuños máis destacables da actividade de Castelao, no que da voz ao momento que vivía...

EuRural e o Xeodestino Ría de Vigo e Baixo Miño brillan baixo os focos...

0
Durante tres días o público puido visionar os vídeos promocionais da campaña ‘Vivir experiencias, compartir territorio’ e a contraportada do Canzine destacou o proxecto...

Publicacións Relacionadas