Home Pontevedra Baixo Miño Os cativos e cativas da Escola Infantil A Galiña Azul visitan a...

Os cativos e cativas da Escola Infantil A Galiña Azul visitan a Biblioteca Municipal

- Anuncio -

Ao longo desta semana os nenos e nenas da Escola infantil “A Galiña azul” de Tui visitan a Biblioteca Pública Municipal tudense para coñecer as súas instalacións e servizos así como participar na lectura de varios contos por parte do persoal da biblioteca. Esta actividade discorre ao longo desta semana e dos primeiros días da vindeira.

Previamente foi realizado o carné da Biblioteca a todo o alumnado o que lle da acceso aos servizos bibliotecarios, especialmente ao préstamo domiciliario de libros. Deste xeito, todos os rapaces e as rapazas participantes nesta actividade levan unha obra, que eles mesmos escolleron, para a lectura no seu domicilio.

Esta iniciativa promovida pola Escola Infantil “A Galiña Azul”, en colaboración co Concello de Tui, pretende que os nenos e nenas coñezan os servizos municipais de lectura e préstamo de libros dos que poden facer uso á vez que fomentan a afección á lectura desde idades ben temperás, coincidindo coa celebración do programa de actividades de animación á lectura “Tui en letras”.

A concelleira de Ensino, Cultura e Mocidade, Sonsoles Vicente, agradece esta iniciativa da Escola Infantil “A Galiña Azul” de achegamento á Biblioteca Municipal onde os nenos e nenas puideron coñecer todas as súas dependencias e descubrir o mundo de posibilidades que lle ofrece este centro de lectura para incentivar a súa imaxinación e os seus coñecementos.

Relacionadas

O Concello de Nigrán insta ao Parlamento a que tramite de xeito urxente unha...

0
María Jesús Seoane, vicepresidenta de AGAELA e ex-traballadora do Concello de Nigrán , leu a moción ante a ovación dos seus antigos compañeiros e...

Covelo felicita a Leonor polo seu 101 aniversario

0
Leonor cumpre hoxe 101 anos na compaña do persoal da residencia de maiores de Covelo e das e das residentes. Esta veciña de Sabarís,...

Marín ruxirá esta fin de semana coa celebración en Briz do Ruxe Marín

0
Axe Bahía Batucada presentaron o evento xunto coa concelleira de Festas, Marián Sanmartín.  A Asociación Cultural Axé Bahia Batucada presentou xunto coa concelleira de Festas,...

Os xogos de auga do Paseo Alcalde Blanco volverán estar activos esta fin de...

0
A brigada municipal de Augas está estes días poñendo de novo en funcionamento o sistema, que non supón gasto de auga dado que se...

A Deputación remarca a pegada de “Sempre en Galiza” na cultura galega nas xornadas...

0
Rafa Domínguez recordou que o manuscrito orixinal “dun dos testemuños máis destacables da actividade de Castelao, no que da voz ao momento que vivía...

EuRural e o Xeodestino Ría de Vigo e Baixo Miño brillan baixo os focos...

0
Durante tres días o público puido visionar os vídeos promocionais da campaña ‘Vivir experiencias, compartir territorio’ e a contraportada do Canzine destacou o proxecto...

Publicacións Relacionadas