Home Vigo Baiona O Concello de Baiona saca a licitación de cinco chiringuitos de praia...

O Concello de Baiona saca a licitación de cinco chiringuitos de praia e un posto de Kaiaks para o período estival 2024 e 2025

- Anuncio -

O Concello de Baiona, a través da concellería de Medio Ambiente, vai sacar a concesión para a explotación por terceiros de determinadas instalacións temporais que se situarán nas praias de Baiona para as tempadas 2024 e 2025, con posibles prórrogas que se autoricen para 2026 e 2027, sempre condicionada ao cumprimento das indicacións sinaladas na autorización do Servizo Provincial de Costas en Pontevedra, dependente actualmente do Ministerio de Transición Ecolóxica.

En total, o Concello oferta 5 lotes de instalacións temporais de praias que comprenden quioscos (chiringuitos), así como 1 lote de Kaiaks durante os meses de xullo, agosto e setembro.

Unha das grandes novidades deste ano, é que o consistorio autorizou a instalación dun chiringuito na Praia de Vos Frades nun dos lotes. Os outros catro serán, como vén sendo habitual, nas praias da Concheira, A Ribeira, A Ladeira e Santa Marta. O horario de funcionamento será de carácter xeral de 9:00H a 22:00H.

O canon mínimo bienal para a explotación dos servizos de tempada en praias do municipio, ocupando dominio público marítimo-terrestre con instalacións desmontables estableceuse nun total de 12.216,16 euros para os 5 lotes de Vos Frades, A Concheira, A Ribeira, A Ladeira e Santa Marta. En canto ao lote dos Kaiaks, situado preto do cámping na Ladeira, sairá por 640 euros.

O prazo de admisión de proposicións terminará en 30 días hábiles a partir do día seguinte da publicación, hoxe 26 de abril, no BOP de Pontevedra polo que a partir do luns 29 de abril xa se poderán presentar ofertas no Concello de Baiona.

Relacionadas

O Concello de Nigrán insta ao Parlamento a que tramite de xeito urxente unha...

0
María Jesús Seoane, vicepresidenta de AGAELA e ex-traballadora do Concello de Nigrán , leu a moción ante a ovación dos seus antigos compañeiros e...

Covelo felicita a Leonor polo seu 101 aniversario

0
Leonor cumpre hoxe 101 anos na compaña do persoal da residencia de maiores de Covelo e das e das residentes. Esta veciña de Sabarís,...

Marín ruxirá esta fin de semana coa celebración en Briz do Ruxe Marín

0
Axe Bahía Batucada presentaron o evento xunto coa concelleira de Festas, Marián Sanmartín.  A Asociación Cultural Axé Bahia Batucada presentou xunto coa concelleira de Festas,...

Os xogos de auga do Paseo Alcalde Blanco volverán estar activos esta fin de...

0
A brigada municipal de Augas está estes días poñendo de novo en funcionamento o sistema, que non supón gasto de auga dado que se...

A Deputación remarca a pegada de “Sempre en Galiza” na cultura galega nas xornadas...

0
Rafa Domínguez recordou que o manuscrito orixinal “dun dos testemuños máis destacables da actividade de Castelao, no que da voz ao momento que vivía...

EuRural e o Xeodestino Ría de Vigo e Baixo Miño brillan baixo os focos...

0
Durante tres días o público puido visionar os vídeos promocionais da campaña ‘Vivir experiencias, compartir territorio’ e a contraportada do Canzine destacou o proxecto...

Publicacións Relacionadas