Home A Coruña Obradoiros e maxia nas bibliotecas de Dorneda e Lorbé para crianzas a...

Obradoiros e maxia nas bibliotecas de Dorneda e Lorbé para crianzas a partir de 6 anos

- Anuncio -

A programación das bibliotecas públicas municipais de Dorneda e Lorbé durante o mes de maio achega a maxia e as manualidades ás crianzas.


O luns 20 de maio ás 17:30 horas terá lugar na biblioteca Mª José Ruso de Dorneda unha actividade de manualidades con OQO. Actividade baseada no álbum “Maruxa”, pero nesta ocasión a masa que se preparará non será para facer pan, senón para dar forma aos personaxes e crear novas escenas do conto. O aforo é limitado a 25 prazas polo que é imprescindible reservar praza na propia biblioteca ou chamando por teléfono ao 981 626 638.


O xoves 23 de maio ás 17:30 horas, na biblioteca Xograr Mendiño de Lorbé, terá lugar un espectáculo de maxia co mago Pedro Bugarín; onde ademais de asistir a diversos trucos de ilusionismo, as nenas e os nenos poderán facer maxia eles mesmos. Os xogos realizaranse con obxectos cotiás: libros, gomas, moedas, cartas, etc. O aforo é limitado a 20 prazas polo que tamén é imprescindible reservar praza na mesma biblioteca ou chamando por teléfono ao 981 618 201.

Relacionadas

O Concello réndelle homenaxe a Hematocrítico cunha exposición no seu cabodano 

0
A vicevoceira anunciou esta mañá a mostra, organizada polo Concello en colaboración con HematoFesti, do 5 de novembro ao 6 de xaneiro no Palexco  Nereida...

O Laboratorio de Apoderamento LGBT+ ofrecerá en novembro e decembro obradoiros para familias e...

0
A cooperativa Rexenerando ten abertas as inscricións para as sesións, que arrancan en San Sadurniño o próximo luns O Laboratorio de Apoderamento LGBT+ é un...

A Pobra amosa a súa solidariedade coas persoas afectadas polo episodio de Dana

0
O Concello da Pobra do Caramiñal sumouse á convocatoria da Federación Española de Municipios e Provincias (FEMP) de gardar un minuto de silencio, ás...

Avanzan as obras para mellorar a accesibilidade nas paradas de autobús do Castrillón, onde...

0
O Concello ten previsto replicar esta iniciativa en paradas situadas nos barrios dos Mallos, Catro Camiños, Os Rosales, Labañou e Monte Alto O Concello traballa...

O Concello finaliza os traballos de pavimentación da pista que vai de Pontegrande a...

0
O Concello de Neda finaliza as obras de posta a punto da pista entre Pontegrande e Pename. A actuación, na que se investiron 46.257...

A Xunta investirá 6,1 M€ na Costa da Morte en materia de augas e...

0
— Ángeles Vázquez detalla que o vindeiro ano Augas de Galicia destinará 68,1 millóns de euros a iniciativas en materia de saneamento — Avanza que...

Publicacións Relacionadas