HomeOurenseA Xunta de Goberno Local do Concello de Ourense aprobou 15 acordos...

A Xunta de Goberno Local do Concello de Ourense aprobou 15 acordos na súa sesión ordinaria desta semana

- Anuncio -spot_img

A Xunta de Goberno Local do Concello de Ourense aprobou 15 acordos na súa sesión ordinaria desta semana, que se desenvolveu a mediodía de hoxe no salón de plenos

Licenzas (2). Conceder a licenza urbanística de obra para o proxecto básico e de execución dunha vivenda unifamiliar na rúa Naves, Palmés, e darse por enterada do troco do titular da licenza urbanística de obra para o proxecto básico e de execución de accesos na planta baixa para planta semisoto na Avenida de Santiago

Patrimonio (1) Requirir unha aseguradora para que indemnice o Concello polos danos causados por un vehículo nun fito na rúa Nosa Señora da Saínza.

Infraestruturas (1) Aprobar a modificación número 1 do contrato de execución das obras de mellora da seguridade peonil mediante pasos de peóns elevados.

Avogacía Consistorial (11). Dar conta de 2 sentenzas ditadas polo Xulgado do Contencioso – Administrativo número 1 de Ourense, de 3 sentenzas e dun auto do número 2, e dunha sentenza do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia. Ademais, o Concello comparecerá en 4 procedementos diante do Xulgado do Contencioso – Administrativo número 1 de Ourense.

Publicacións Relacionadas