Home A Coruña O Concello réndelle homenaxe a Hematocrítico cunha exposición no seu cabodano 

O Concello réndelle homenaxe a Hematocrítico cunha exposición no seu cabodano 

- Anuncio -

A vicevoceira anunciou esta mañá a mostra, organizada polo Concello en colaboración con HematoFesti, do 5 de novembro ao 6 de xaneiro no Palexco 

Nereida Canosa: “Hematocrítico foi unha figura esencial que empregou o humor para achegarnos unha mirada crítica e positiva da realidade” 

A vicevoceira do Goberno, Nereida Canosa, anunciou esta mañá que o Concello lle renderá unha especial homenaxe a Miguel López, autor, mestre e humorista coñecido como “Hematocrítico” que faleceu de forma inesperada o pasado ano, deixando un importante legado tanto na literatura infantil como no humor e nas redes sociais. A mostra ‘Hematocrítico Ilustrado’, organizada polo Concello en colaboración con HematoFesti e comisariada por Matilde Rodríguez, abrirá ao público o próximo 5 de novembro na sala de exposicións de PALEXCO e poderá visitarse ata o 6 de xaneiro de 2025. 

Canosa destacou o carácter entrañable e transformador do escritor: “Hematocrítico foi unha figura esencial que empregou o humor para achegarnos unha mirada crítica e positiva da realidade. Esta exposición é, ante todo, un recordo do seu inmenso talento e a súa capacidade para conectar co público máis novo, sen esquecer nunca o neno que todos levamos dentro”. 

‘Hematocrítico Ilustrado’ ofrece un percorrido visual e emocional pola obra do autor a través das ilustracións de grandes artistas cos que colaborou ao longo da súa carreira. A mostra inclúe traballos de recoñecidos ilustradores como Alberto Vázquez, Mar Villar, Paco Roca, Eugenia Ábalos, Olga Capdevila, Albert Monteys, Martín Romero, Laura Árbol e Cyntia Hierro. “Cada un deles achegará, mediante ilustracións orixinais, a súa visión sobre a obra de Hematocrítico, configurando un percorrido pola súa creación desde diferentes ópticas” sinalou a vicevoceira. 

A exposición está organizada en varias seccións que exploran distintas facetas do seu traballo creativo. Un dos espazos máis destacados será a sección dedicada a ‘El Hematocrítico del Arte’, a obra coa que Hematocrítico alcanzou gran popularidade ao reinterpretar a arte clásica con humor e agudeza, consolidándose como unha figura de referencia na cultura contemporánea. 

Para o público infantil, ‘Hematocrítico Ilustrado’ ofrece unha área didáctica onde nenos e nenas poden explorar a súa creatividade mediante actividades inspiradas nas súas historias, sempre protagonizadas por personaxes entrañables e divertidos. A mostra inclúe tamén unha ‘Biblioteca Hemato’, un espazo de lectura onde se poden descubrir os contos de Miguel, a súa imaxinación desbordante e a súa capacidade para tocar temas profundos desde a sinxeleza. 

Nereida Canosa concluíu a súa intervención convidando a toda a cidadanía a visitar esta mostra pois “materializa o compromiso que adquiriu a nosa alcaldesa, Inés Rey, para manter vivo o legado e espírito de Miguel, lembrandro que o humor e a literatura son as mellores ferramentas para comprender e construír un mundo mellor”.

Relacionadas

O Concello de Brión ofrece unha recepción institucional ás técnicas municipais de Brión e...

0
Lola Landeira e Carla Pérez compartiron a súa experiencia apoiando o desenvolvemento local a través do programa Especialistas en Cooperar O Concello de Brión ofreceu...

A Pobra afonda no mundo dos cogomelos durante esta fin de semana coas VIII...

0
Fin de semana micolóxica na Pobra do Caramiñal. A Concellaría do Medio Ambiente exalta unha vez máis un dos produtos estrela da tempada outonal...

Excéntricas presentan o venres en Neda “O auto do Castromil”

0
A compañía Producións Teatrais Excéntricas trae a Neda este venres, a partir das 20.30 horas, un dos seus últimos espectáculos. Trátase de “O auto...

Arrancadeira está de celebración por partida dobre co seu décimo aniversario e o Magosto

0
A praza Alcalde Segundo Durán será un fervedoiro cultural durante todo o sábado 9 coa celebración do IV Magosto Arrancadeira coincidindo co décimo aniversario...

O Concello concede 400.000 euros en subvencións ás entidades deportivas sen ánimo de lucro

0
O Goberno de Inés Rey promove deste xeito o desenvolvemento de actividades de diferentes clubs e entidades, triplicando desde o 2019 a contía total...

O Concello lanza a programación do 25N baixo o lema ‘Non hai escusas’

0
A concelleira de Benestar Social, Igualdade e Participación, Nereida Canosa, presentou a imaxe e actividades que incluen charlas, obradoiros, teatro e cine Entre os eventos...

Publicacións Relacionadas