Home Ourense Luis Menor preside a constitución do novo Comité Executivo do PP de...

Luis Menor preside a constitución do novo Comité Executivo do PP de Ourense co mandato de “seguir ensanchando o partido para chegar a toda a provincia”

- Anuncio -

·       Unha finalizado o proceso congresual, a reunión desta tarde serviu para dar novos pasos cara á “efectiva organización” do partido, apuntou o presidente dos populares ourensáns: “Agora toca poñerse a traballar, sen perder de vista a realidade que nos rodea e as persoas que tamén desexen aportar ideas e traballo”

·       Lembrou a chamada que fixo no congreso a “escoitar e falar con todo Ourense”, pedindo aos máis de 200 novos representantes do PP manter, consolidar e fortalecer a unidade do partido, que xunto coa estabilidade que dá a nova organización, “vainos permitir seguir ofrecendo a Ourense un partido en constante evolución e proxectos de goberno”

A sede central do PP de Ourense acolleu esta tarde o acto de constitución do novo Comité Executivo provincial, no que o presidente Luis Menor fixo unha chamada a “seguir ensanchando o partido coa incorporación, ou invitación a participar, de todas aquelas persoas que se acheguen a nós para colaborar”.

Unha vez finalizado o proceso congresual, a reunión desta tarde serviu para dar novos pasos cara á “efectiva organización” do partido, apuntou o presidente dos populares ourensáns. Así, tralo nomeamento o pasado sábado no 19 Congreso extraordinario provincial, “agora toca poñerse a traballar, cada un no ámbito das súas competencias e sen perder de vista a realidade que nos rodea e as persoas que tamén desexen aportar ideas e traballo”.

Luis Menor lembrou que no seu discurso ante o plenario do congreso, xa como presidente, lanzara unha chamada a “escoitar e falar con todo Ourense”. Así, desde unha base tan ampla como sos os máis de 200 novos representantes do PP, de todos os ámbitos sociais, de todas as idades, e de todos os territorios “seremos quen de chegar a toda a provincia”.

Insistiu o presidente provincial en manter, consolidar e fortalecer a unidade do partido, que xunto coa estabilidade que dá a nova organización, “vainos permitir seguir ofrecendo a Ourense un partido en constante evolución e proxectos de goberno”.

Un partido moi amplo e unido, dixo Menor, tamén debe ter en conta ás persoas que traballan desinteresadamente polo partido ou que, no seu día, ostentaron responsabilidades públicas como representantes do PP. Nesta liña lanzou como proposta a organización de actos de recoñecemento a colaboradores e voluntarios “que sempre están aí cando se precisan”, así como a todas aquelas persoas que no seu día ocuparon algún cargo, “dedicando unha parte da súa vida á actividade pública e política”.

VICESECRETARÍAS, COMITÉS E ÁREAS

Na reunión desta tarde quedaron formalmente constituídas as trece novas vicesecretarías: Organización; Igualdade; Mobilización e atención ao afiliado; Emigración; Coordinación territorial (con representantes de todas as comarcas); Termalismo; Turismo; Educación; Sanidade; Servizos sociais; Medio rural; Deporte; e Xuventude.

Quedaron tamén constituídos os nove comités: Electoral; de Política Municipal; Emprego e Comercio; Relacións Institucionais e Interparlamentarias; Industria e Minaría; Reto Demográfico; Xurídico; Portavoces; e Veteranos.

O Comité Executivo complétase cos coordinadores de quince áreas: Medio Ambiente; Política Europea; Infraestruturas; Cultura; Xustiza; Vivenda; Formación, Estudos e Programas; Cooperación Transfronteiriza; Innovación e Novas Tecnoloxías; Comunicación; Redes Sociais; Seguridade; Emerxencias; e Organización de actos.

Relacionadas

A Deputación de Ourense íntegrase no sistema de emerxencia galego para dar a resposta...

0
“Estamos en plena disposición e preparados para axudar, afirma o presidente Luis Menor, “pero sempre segundo a axuda que se nos pida e mediante...

O club KYO HKD do Carballiño prepárase novamente para formar parte do Campionato de...

0
O club KYO HKD do Carballiño prepárase novamente para formar parte do Campionato de España de Hapkido, que terá lugar o 9 de novembro...

O Concello presenta a programación do Magosto 2024, con obradoiros infantís e as...

0
O magosto tradicional será ás 18.00 horas en Bispo Cesáreo, repartiranse castañas gratuítas e haberá food trucks O Campo da Feira acollerá o domingo, 10, a...

O goberno municipal destaca o “éxito total” da programación do Halloween 2024, que encheu...

0
A Noite de Medo – Halloween de Ourense 2024 rematou cun balance moi positivo para o goberno municipal, que destaca o “éxito total” das...

O Concello iluminará a Ponte Romana de cor laranxa con motivo do día internacional...

0
O vindeiro 4 de novembro celébrase o día internacional do Síndrome de Dolor Regional Complejo - Sudeck , por este motivo dende o Concello...

O Concello abre o aparcadoiro do Auditorio durante toda a fin de semana polas...

0
Con esta medida, pretende facilitar o estacionamento das persoas que acudan ás actividades festivas ou visiten o cemiterio de San Francisco O aparcadoiro do Auditorio...

Publicacións Relacionadas