Home Ourense O Concello presenta a programación do Magosto 2024, con obradoiros infantís...

O Concello presenta a programación do Magosto 2024, con obradoiros infantís e as actuacións de Brañas Folk e a orquestra Olympus

- Anuncio -

O magosto tradicional será ás 18.00 horas en Bispo Cesáreo, repartiranse castañas gratuítas e haberá food trucks

O Campo da Feira acollerá o domingo, 10, a celebración da festa da Chinita, na que colabora o Concello

O Concello de Ourense presenta a programación de actividades organizadas pola Concellería de Artes e Festexos para celebrar o luns, día 11 de novembro, a festa do Magosto 2024. Ruada de gaiteiros, obradoiros infantís, magosto tradicional (en Bispo Cesáreo), agasallo de castañas, food-trucks, concerto de Brañas Folk e o baile coa orquestra Olympus son as propostas de lecer que se sucederán ao longo da xornada na cidade nesta tradicional cita do calendario festivo.

LUNS, 11 DE NOVEMBRO

12.00 h Ruada de gaiteiros con xigantes e cabezudos

17.15 h Obradoiros infantís. Confecciona o teu cornete de Magosto e Pintado de caras.

Lugar: Praza Maior.

18.00 h Magosto tradicional:  Chourizo recén asado con bolo de masa nai, auga ou viño por 3 €. 

Lugar: Bispo Cesáreo.

Castañas gratuítas

Lugar: Praza Maior e Bispo Cesáreo

Food Trucks:  Burguer Bágoa Gastrobar, Tráiler Coren e Crepes

18.00-19.30 h Concerto “Brañas Folk”  con Lucía Pérez e Pancho Álvarez

Lugar: Praza Maior

19.00-22:00 h Baile coa orquestra “Olympus”

Lugar: Rúa do Progreso

Feira da Chinita 2024

O Campo da Feira acollerá o domingo, día 10 de novembro, desde as 12.00 horas unha nova edición da Feira da Chinita, unha tradicional celebración da comunidade venezolana, na que colabora o Concello de Ourense.

A festa está dedicada á Virxe de Chiquinquirá, propia da rexión de Maracaibo (Venezuela), e conmemora unha milagre atribuída á dita virxe naquel lugar no século XVIII. Cos anos, esta celebración estendeuse até converterse nunha festividade nacional venezolana e tamén internacional.

Nesta versión ourensá, o público que se achegue ao campo da feira atopará todos os ingredientes característicos da festa: gaitas do Zulia, un xénero musical autóctono tocado co furruco, o catro, as maracas e a tambora; comida típica venezolana, a elección da Raíña da Feira, e moita diversión cos grupos que tocarán en directo, como Os Coleguitas, Yamil Quijada, Misael Sánchez, Maira Show, ademais dun DJ que amenizará o evento.

Relacionadas

Xuntanza da comisión de seguimento da revisión e adaptación do Plan Xeral de Ordenación...

0
Esta mañá, mércores día 4 de decembro, ás 10:00 h, reuníronse na Concellería de Urbanismo do Concello de Ourense todos os grupos políticos que...

A Deputación de Ourense amplía o parque provincial de maquinaria con dous novos equipos...

0
O goberno provincial adquiriu dúas máquinas orientadas a optimizar servizos, xa que permitirán poñer en marcha un grupo de traballo compartido entre as áreas...

A Deputación colabora con Executivas de Galicia no programa “Xerando Redes +45”, destinado a...

0
A vicepresidenta primeira, Marta Nóvoa, asistiu ao acto de presentación dos proxectos das 11 mulleres participantes neste proxecto, cuxo obxectivo foi poñer en valor...

Podemos Ourense apoia ao Colexio de Xornalistas de Galicia na súa denuncia contra Gonzalo...

0
Podemos Ourense apoia ao Colexio de Xornalistas de Galicia na súa denuncia contra Gonzalo Pérez Jacome por suprimir as roldas de prensa.Desde Podemos Ourense...

O Concello adxudica as obras de acondicionamento e mellora de espazos urbanos na rúa...

0
Aproba tamén as bases da convocatoria de subvencións para actuacións de rehabilitación A Xunta de Goberno Local do Concello de Ourense acordou este mediodía en...

O Concello fai pública a programación de Nadal, cunha morea de actividades para todos...

0
Papá Noel visitará a cidade cos seus renos e elfos o día 21 de decembro, e os Reis Magos o día 5 na tradicional...

Publicacións Relacionadas