A Xunta de Goberno Local do Concello de Ourense adoptou 8 acordos na súa sesión ordinaria desta semana, que tivo lugar ás 8.30 h de hoxe no salón de plenos.
Licenzas (3)
- Declarar a a caducidade expresa dunha licenza de obras para a construción dun edificio na rúa José A. Moretón
- Conceder a licenza de primeira ocupación por legalización de usos da vivenda de planta baixo cuberta na rúa Euloxio G. Franqueira.
- Conceder a licenza urbanística de obra para un proxecto básico de construción de edificios para 64 vivendas de promoción pública na Praza Cambedo da Raia.
Avogacía Consistorial (4)
A Xunta de Goberno Local deu conta de 3 sentenzas ditadas polos xulgados do contencioso administrativo núm. 1 e 2 de Ourense.
Ademais, deu conta dunha citación ao Concello de Ourense para comparecer e presentarse en calidade de demandado diante do Xulgado do Contencioso-administrativo núm. 1 de Ourense.