Os festexos desenvolveranse desde o mércores 24 ao sábado 27 de xullo
Os locais de hostalería ampliarán o seu horario por un máximo de dúas horas desde os horarios xerais de peche
Catro días de actuacións musicais, atraccións e fogos artificiais
O Concello de Ourense colabora un ano máis coas festas da zona norte da cidade, A Ponte, o barrio máis populoso que honra a Santiago Apóstolo na súa festa maior.
Catro días de actuacións musicais, atraccións e fogos de artificio que contan coa achega do Concello do 75% do orzamento total dos festexos.
Hoxe mércores, abrirá a festa a Orquestra Olympus, de 23.00 a 02.00 horas e a continuación, The Bridge Fest da GRAMOLA DJ de 23.59 a 04.00 horas.
O xoves 25 a Corporación municipal, presidida polo alcalde, acudirá ás 12.00 horas á misa Solemne en honra a Santiago e a continuación participará na tradicional procesión.
A partir das 20.45 e até as 23.45 será a Orquestra New York a que amenizará a festa para dar paso á tradicional tirada de fogos sobre o Miño, ás 23.45 h.
O venres serán a orquestra Furia Joven e a Disco CDC os encargados de amenizar a xornada. E o grupo ourensán Tatto e a Gramola presentando o seu novo escenario serán os encargados de pechar as festas a noite do sábado até ás 04.00 horas.
Os locais de hostalería ampliarán o seu horario por un máximo de dúas horas desde os horarios xerais de peche, do 24 ao 27 de xullo.