Home Deputacións Deputación Pontevedra Luis López enxalza o talento de Xabier Montes, gañador dun certame de...

Luis López enxalza o talento de Xabier Montes, gañador dun certame de prestixio internacional en gandería, como mostra da profesionalidade e futuro do sector na provincia

- Anuncio -

O mandatario provincial recibe o mozo, de 17 anos e natural de Rodeiro, que vén de proclamarse campión do Young Breeders School en Bélxica co equipo español, formado por seis prometedores gandeiros e gandeiras de Galicia

O presidente da Deputación de Pontevedra, Luis López, recibiu este mércores no seu despacho do Pazo provincial ao novo gandeiro Xabier Montes, que vén de proclamarse gañador en Bélxica do Young Breeders School, o certame de manexo de gando máis prestixioso do continente. Durante o encontro, o mandatario provincial deu os parabéns a Montes pola súa traxectoria e o seu éxito, ademais puxo en valor a importancia que ten que a mocidade se interese e se forme na gandería e agricultura para asegurar o futuro do sector primario da provincia.

Na cidade belga de Battic, Xabier Montes formou parte do equipo nacional formado por seis novos gandeiros, todos eles galegos, que acabaron a competición no primeiro posto da clasificación xeral. Ademais, aos seus 17 anos de idade, o manexador pontevedrés foi segundo na súa categoría e cuarto no ranking global. Durante a competición, que se celebrou desde o 29 de agosto ao 1 de setembro, os gandeiros españois medíronse con 180 competidores de 28 países e tiveron que superar probas como preparación, pelado e doma de becerras ou a creación duns stand relacionado co Camiño de Santiago para representar a Galicia.

Ademais de ser os dous naturais de Rodeiro, Luis López e Xabier Montes comparten a súa paixón pola gandería e o medio rural. Durante a recepción, ambos os dous falaron da súa experiencia e de canto desfrutan coidando dos animais, pois o presidente provincial creceu nunha familia gandeira, o mesmo que Montes que é fillo dos propietarios da gandería Casa do Rei, en Rodeiro.

Relacionadas

Rafa Domínguez asiste á celebración do décimo aniversario do grupo BNI Milenium Pontevedra

0
O vicepresidente da Deputación de Pontevedra, Rafa Domínguez, participou este venres no Liceo Casino de Pontevedra nos actos de celebración do décimo aniversario do...

Rafa Domínguez asiste á reunión da Asociación Galega de Anestesioloxía, Reanimación e Terapia da...

0
O vicepresidente da Deputación de Pontevedra, Rafa Domínguez, asistiu este venres á apertura da reunión da Asociación Galega de Anestesioloxía, Reanimación e Terapia da...

O Concello de Tui lanza un programa pioneiro para acelerar a dixitalización do comercio...

0
As solicitudes poden presentarse até o domingo 17 de novembro ás 23.59 h O Concello de Tui pon en marcha nas próximas semanas un ambicioso...

Comezan as obreas danova Escola Pública Infantil

0
A alcaldesa de Ponteareas, Nava Castro e a concelleira de Urbanismo, Silvia F. Táboas achegaronse ao parque Ferro-Ucha para supervisar o replanteo da obras...

Luis López sinala ante máis de 400 asistentes á Gala do Deporte que a...

0
O presidente provincial destacou o labor de todo o tecido deportivo para facer de Pontevedra “a provincia do deporte” nunha cerimonia na que foron...

Máis de mil escolares participan na 14ª edición do Campionato Escolar Zonal de Campo...

0
Máis de corenta docentes e mil alumnas e alumnos participaron onte no Campionato Escolar Zonal de Campo a Través 2024 organizado pola Asociación Deportiva...

Publicacións Relacionadas