Home Pontevedra O Condado Máis de mil escolares participan na 14ª edición do Campionato Escolar Zonal...

Máis de mil escolares participan na 14ª edición do Campionato Escolar Zonal de Campo a Través en Guláns

- Anuncio -

Máis de corenta docentes e mil alumnas e alumnos participaron onte no Campionato Escolar Zonal de Campo a Través 2024 organizado pola Asociación Deportiva Escolar do Condado e da Paradanta (ADECONPAR).

Mestras e mestres das dúas comarcas volcáronse na organización desta xornada deportiva en categorías benxamín, alevín e infantil na que participou o alumnado de
3º, 4º, 5º e 6º de educación primaria.

O parque da Avisoureira en Guláns foi o escenario no que competiu o alumnado dos centros educativos ponteareáns Fermín Bouza Brey, Mestre Ramiro Sabell Mosquera, CPR La Inmaculada, Santiago de Oliveira, Feliciano Barrera, CPR Santiago Apostol, As Veigas, Infante Felipe, Leirado e Carlos Casares de Salveterra de Miño, CPI Mondariz, CEIP Marquesa do Pazo da Mercé de As Neves e o CEIP Antonio Blanco Rodríguez do Concello de Covelo.

Os concelleiros de Deportes, Luis Rodríguez, o de Ensino, Ricardo González, e o de Recursos Humanos, Jesús Cao, achegáronse ata Guláns para desfrutar deste espectáculo deportivo iniciativa da Secretaría Xeral para o Deporte, coa colaboración das Federacións Deportivas e Agrupacións Deportivas Escolares, convoca o Programa XOGADE

Co apoio do Servizo de Deportes da Xunta de Galicia dentro do programa XOGADE e coa colaboración da Fundación Guláns e do Concello de Ponteareas as mestras e mestres de educación física celebraron un ano máis este encontro que promove o deporte ao aire libre e unha mañá de convivencia entre o alumnado da comarca.

O programa Xogade, nado na tempada 2009/10 –hai 15 anos– con dúas actividades, segue evolucionando ano a ano co obxectivo de promover e fomentar a práctica de actividade física na poboación escolar galega ao amparo do Plan Galicia Saudable da Xunta de Galicia.

Relacionadas

Regresan as visitas guiadas ao Castro de Santa Trega durante a Ponte da Constitución

0
A oferta de visitas guiadas ao Castro de Santa Trega sempre tiveron unha excelente collida entre veciños e visitantes que escollen A Guarda ou...

Black Friday mosense, solidario con Valencia

0
Os 34 microondas comprados por asociacións, empresas e particulares xa chegaron a destino e se atopan dando servizo ao pobo valencián afectado pola Dana A...

A música do Conservatorio e da Escola de Música de Tui súmase á maxia...

0
O Teatro Municipal e o novo espazo cultural da rúa Camilo José Cela serán os seus escenarios os días 11, 17, 18 e 19...

A Deputación acolle no Pazo provincial a conferencia sobre a vida olímpica de Teresa...

0
A deputada provincial María Ramallo presentou a actividade, que está enmarcada en Unha vida olímpica, unha alianza entre a institución e a piragüista co...

Luis López súmase á convocatoria da Xunta de Galicia no acto “Queremos Ave Vigo-Oporto”

0
O presidente da Deputación de Pontevedra, Luis López, sumouse esta mañá no Auditorio de Afundación de Vigo ao acto convocado pola Xunta de Galicia...

O segundo mercado aberto de comercio local, Queda en Mos, arranca o venres co...

0
Ata 19 negocios mosenses estarán co seu producto do 6 ao 8 de decembro no Pazo de MosMúsica, actividades en familia, obradoiros e artesanía...

Publicacións Relacionadas