Home Vigo Mos Mos comeza a traballar no orzamento municipal para 2025

Mos comeza a traballar no orzamento municipal para 2025

- Anuncio -

A alcaldesa de Mos, Nidia Arévalo, a concelleira de Economía e Facenda, Feli Rodríguez, e a Interventora municipal, atópanse xa inmersas no orzamento municipal para o vindeiro ano 2025.

Trátase dun presuposto de 14 millóns de euros que “se mantén e non aumenta no capítulo de Ingresos, ao continuar conxeladas todas as taxas e impostos municipais, tal e como tiñamos comprometido; e ao non contar aínda con información sobre a suba dos Fondos de Cooperación e os Tributos do Estado”, declararon as representantes municipais, Arévalo e Rodríguez.

Así mesmo rexedora local e edil de Facenda informaron de que “temos previsión de que os ingresos poidan ir aumentando a medida que vaiamos recibindo convenios con outras administracións supramunicipais, así como subvencións, etc.”

“E é que desde o Concello de Mos seguimos a traballar sen descanso con outras administracións para avanzar na nosa folla de ruta, marcada polo cumprimento do programa electoral, e para elo, para poder acometelo na máxima porcentaxe posible, buscamos a colaboración e o apoio supramunicipais presentándonos a todas as convocatorias de liñas de subvencións posibles; dado que temos un ambicioso programa, que doutro xeito o noso axustado orzamento non nos permitiría levar adiante”, explicaba a alcaldesa Nidia Arévalo.

Nidia Arévalo salientou ademáis que “este novo presuposto daralle maior importancia nas negociacións con outras administracións ás obras prioritarias. Así será como marcaremos a folla de ruta, baseándonos no noso programa electoral, aínda que o plan local de inversión sexa moi reducido, lograremos así o apoio económico para o investimento en novas obras, apoiándonos noutras administracións”.

Así mesmo, sobre o capítulo de Gastos, as representantes do Concello de Mos, adiantaron que “destaca a continuidade da baixada do endebedamento, que sigue descendendo e nos atopamos xa nun 20%, moi próximos á débeda cero, e é salientable tamén que para o vindeiro ano 2025 amortizarase un dos préstamos contraídos”. Nidia Arévalo e Feli Rodríguez informaron tamén, dentro do capítulo de Gastos, de que se manterá o gasto en Persoal e Servizos.

Deste xeito, e unha vez máis, Arévalo aprobará o orzamento municipal en tempo en forma, antes do remate do exercizo económico en vigor. Farao por décimo sexta vez consecutiva e tras ser o ano pasado Mos un dos primeiros Concellos galegos en aprobar o orzamento municipal para o presente 2024. Nesa ocasión Mos, falamos do orzamento do 2024, adiantouse máis que outros anos na aprobación do orzamento, rematando o documento en outubro de 2023. A alcaldesa Arévalo e a concelleira Rodríguez esperan dárlle continuidade a estes prazos de pronta aprobación tamén este ano. Polo de pronto, os primeiros pasos cara o documento final atópanse xa iniciados.

Relacionadas

Rafa Domínguez asiste á celebración do décimo aniversario do grupo BNI Milenium Pontevedra

0
O vicepresidente da Deputación de Pontevedra, Rafa Domínguez, participou este venres no Liceo Casino de Pontevedra nos actos de celebración do décimo aniversario do...

Rafa Domínguez asiste á reunión da Asociación Galega de Anestesioloxía, Reanimación e Terapia da...

0
O vicepresidente da Deputación de Pontevedra, Rafa Domínguez, asistiu este venres á apertura da reunión da Asociación Galega de Anestesioloxía, Reanimación e Terapia da...

O Concello de Tui lanza un programa pioneiro para acelerar a dixitalización do comercio...

0
As solicitudes poden presentarse até o domingo 17 de novembro ás 23.59 h O Concello de Tui pon en marcha nas próximas semanas un ambicioso...

Comezan as obreas danova Escola Pública Infantil

0
A alcaldesa de Ponteareas, Nava Castro e a concelleira de Urbanismo, Silvia F. Táboas achegaronse ao parque Ferro-Ucha para supervisar o replanteo da obras...

Luis López sinala ante máis de 400 asistentes á Gala do Deporte que a...

0
O presidente provincial destacou o labor de todo o tecido deportivo para facer de Pontevedra “a provincia do deporte” nunha cerimonia na que foron...

Máis de mil escolares participan na 14ª edición do Campionato Escolar Zonal de Campo...

0
Máis de corenta docentes e mil alumnas e alumnos participaron onte no Campionato Escolar Zonal de Campo a Través 2024 organizado pola Asociación Deportiva...

Publicacións Relacionadas