A Xunta de Goberno Local desenvolverá mañá a súa sesión ordinaria desta semana, con 22 asuntos na súa orde do día

adminON
Lectura mínima de 2

A Xunta de Goberno Local do Concello de Ourense desenvolverá mañá xoves, 28 de agosto, a súa sesión ordinaria desta semana, con 22 asuntos na súa orde do día.

Licenzas (6). Seis solicitudes de licenzas para a rehabilitación de edificacións tradicionais para vivenda unifamiliar en Velle; para o modificado do proxecto de construción dunha unifamiliar na rúa do Campo, As Eiroás; para a substitución do ascensor dun edificio na Avenida da Habana; para o remate das obras de construción dun almacén na rúa da Fonte; para a reforma da cuberta e o remate dunha edificación en Hortos, Vilar de Astrés; e para a reforma e ampliación dunha unifamiliar nas Barxas, Cudeiro.

Disciplina (1). Declaración de ruína de 4 inmobles na rúa Cuña de Abaixo.

Xestión urbanística (1) Instrumento de Ordenación Provisional para o antigo sector de solo urbanizable número 20 “O Fonsillón – A Farixa” do Plan Xeral de Ordenación Municipal (PXOM ) de 2003.

Patrimonio (7) Sete reclamacións de responsabilidade patrimonial.

Servizo de Rehabilitación (4) Outorgar definitivamente 4 subvencións a  actuacións de rehabilitación executadas na ARRU do Centro histórico.

Infraestruturas (2) Rectificar dous acordos de xuntas de goberno anteriores.

Avogacía Consistorial (1). Dar conta dunha sentenza ditada polo Xulgado do Contencioso-Administrativo número 2 de Ourense.

Comparte este artigo