Home O Morrazo Bueu O concello de Bueu consegue 700.000 euros para a reforma do Pavillón...

O concello de Bueu consegue 700.000 euros para a reforma do Pavillón Municipal de Beluso

- Anuncio -

• A axuda da Secretaría Xeral para o Deporte permitirá resolver as deficiencias estruturais desta infraestrutura así como as humidades

• O proxecto conta cun orzamento de 1,7 millóns de euros, e propón actuacións que converterán esta instalación nun referente a nivel de eficiencia enerxética, dado que precisamente conseguiu a máxima subvención por este motivo
O Concello de Bueu vén de conseguir 700.000 euros para a reforma do Pavillón Municipal de Deportes de Beluso. A axuda provén da Secretaría Xeral para o Deporte e supón a máxima contía establecida na convocatoria, coa que se financiará o 40% do proxecto valorado en máis de 1,7 millóns de euros, e co se que solucionarán as deficiencias estruturais e de humidade, ademais de converter a instalación nun referente a nivel de eficiencia enerxética.
Félix Juncal, alcalde da vila, e Xosé Leal, concelleiro de facenda, subvencións e contratación pública, destacan que “trátase dunha proposta innovadora, sobre todo na eficiencia enerxética, que é algo que se salienta no proxecto e grazas ao que conseguimos a máxima subvención posible, que eran 700.000 euros”. O Concello presentou a solicitude da subvención con cargo ao Fondo de Cooperación Local para investimentos en infraestruturas municipais de carácter estratéxico, e concorreu con este proxecto elaborado a finais de 2022 e que xa fora presentado aos clubs e á veciñanza do lugar, ademais de optar a outras liñas de subvencións que foron rexeitadas. O goberno local traballa agora na busca de alternativas de financiamento para que o proxecto saia adiante. Para iso estase estudando a posibilidade de solicitar unha operación de crédito, unha decisión pendente da incorporación nos próximos días dunha nova tesoureira municipal. Segundo avanzan Juncal e Leal, “non deberiamos ter problemas en conseguilo, posto que non arrastramos débeda e en 2020 amortizamos o plan de pago a provedores con case dous anos de adianto”.
Esta actuación solucionará os problemas que a instalación deportiva arrastra dende hai tempo, case dende a súa inauguración no ano 2007, como a humidade nos vestiarios e as filtracións de auga da chuvia que entran pola cuberta, pero tamén aplicará conceptos adaptados aos tempos que vivimos, como a eficiencia enerxética, a sustentabilidade ambiental, a accesibilidade ou a habitabilidade.
O proxecto, de gran interese para a cidadanía e os clubs usuarios, contempla a reforma para dar solución ás deficiencias, pero pretende ser un proxecto de reforma integral. Entre as propostas, están a apertura de varias ventás para dotar de luz natural á pista, a instalación dunha nova fachada ventilada con illamento térmico, ou a mellora do illamento e a impermeabilización da cuberta levando a auga cara ao exterior. Así mesmo forraranse as paredes interiores con paneis acústicos, farase unha instalación na cuberta con paneis fotovoltaicos e renovaranse todas as instalacións do edificio por unhas de alta eficiencia enerxética. O proxecto tamén servirá para reforzar a seguridade, a través de accións como a substitución de tódalas varandas que non cumpren coa normativa actual, por exemplo as das gradarías, que se substituirán por vidros que ademais melloran a visibilidade da pista.
Na planta baixa, a nova distribución permitirá contar con catro vestiarios de equipo e dous de árbitros, todos eles accesibles para PMR. Na planta alta, situaranse os aseos do público feminino, masculino e PMR; neste último, incorporarase un lavabo para persoas ostomizadas. A pista será dun pavimento deportivo con acabado en madeira para unha maior flexibilidade nas diferentes disciplinas deportivas, xa que este pavimento é o único que permite o seu uso tanto aos deportes de pelota coma aos de patinaxe. Dotarase tamén o pavillón cun vídeo marcador de dez metros cadrados de superficie, así como dunha instalación de música e son.

Relacionadas

O Concello de Bueu recibe aos veciños Iago Álvarez e Samuel Brun, campións galegos...

0
O Concello de Bueu organizou este xoves un acto de recibimento a Iago Álvarez Cabodevila e Samuel Brun, integrantes do Club de Loita do...

O Concello de Oia informa de que LLEGA700 ofrece asistencia gratuíta para problemas de...

0
Ante a posibilidade de que nalgúns domicilios existan problemas na recepción do sinal de televisión, debidos a interferencias causadas polo proceso de implantación da...

Programación BaiNadal 2024-2025

0
Este xoves 28 de novembro, ás 13:30h, no salón de plenos do concello de Baiona tivo lugar a programación Bainadal 2024-2025. O Concello de Baiona...

O concello de Soutomaior presenta o seu Nadal para VIVIR en Soutomaior

0
O Soutomaior inicia o Nadal cunha ampla programación de actividades que se irán desenvolvemento desde o 7 de decembro ata o 6 de xaneiro...

200 alumnos mosenses porán a Mos no mapa mundial da programación durante a ‘Hora...

0
Concello e Fundación Esplai, a través dos voluntarios dixitais Andoni Silva e Mónica Suárez, imparten esta interesante e novidosa iniciativa nos cursos de 4º...

Iria Sobrado pecha a programación do 25N en Tui con “Corazón”

0
Representará esta acción performativa o sábado ás 12 h no Mercado de San Antonio O Concello de Tui, a través do Servizo de Prevención das...

Publicacións Relacionadas