Home Vigo Mos 200 alumnos mosenses porán a Mos no mapa mundial da programación durante...

200 alumnos mosenses porán a Mos no mapa mundial da programación durante a ‘Hora do Código’

- Anuncio -

Concello e Fundación Esplai, a través dos voluntarios dixitais Andoni Silva e Mónica Suárez, imparten esta interesante e novidosa iniciativa nos cursos de 4º de Primaria e 3º e 4º da ESO de todos os colexios e IES de Mos

A alcaldesa de Mos Nidia Arévalo, a concelleira de Educación e Emprego, Julia Loureiro, e a técnico municipal de Formación e Emprego, responsable da coordinación da iniciativa, visitaton esta mañá ao alumnado do IES de Mos que están a participar na actividade ‘A hora do código’ e que no caso do Instituto estaba a ser impartida polo voluntario da Fundación Esplai, Andoni Silva.

‘A hora do código’ é unha iniciativa global que ten como obxectivo achegar aos estudantes de todas as idades o mundo da programación e a tecnoloxía. Durante unha hora os estudantes teñen a oportunidade de aprender os conceptos básicos da programación mediante actividades interactivas e lúdicas. Esta actividade non só busca ensinar aos nenos a programar, senón tamén fomentar entre eles o pensamento lóxico, a resolución de problema e a creatividade e “facer visible o invisible” (como versa o lema da campaña), xa que millóns de persoas se conectarán á vez para facer unha hora de código ao mesmo tempo e simultáneamente, para así introducir a millóns de estudantes na informática a través de actividades de codificación de unha hora, polo que o alumnado de Mos se conectará con alumnado de todo o resto do mundo, poñendo á localidade mosense no mapa informático ao tempo que se desmitifica a codificación e se amosa que calquera pode aprender o básico, inspirando un interese futuro na informática.

Os obxectivos desta iniciativa son introducir ao estudante no mundo da programación, fomentar o interese pola tecnoloxía e o desenrolo de software, promover o pensamento crítico e a resolución de problemas e demostrar que a programación pode ser divertida e accesible a todos.

Esta actividade vai destinada ao alumnado de 4º de Primaria dos CEIPs e 3º da ESO e 4º da ESO do IES de Mos. Polo que participan nela un total de 200 estudantes de todos os centros escolares públicos de Mos: os 5 colexios e o instituto. Constará de dúas sesións por grupo.

Na primeira sesión, que foi a celebrada hoxe, explícase que é un software, que tipos existen e como se utilizan. Presentación de conceptos básicos de programación e de exemplos sinxelos. Amósanse recursos en liña e plataformas onde os estudantes poden empezar a explorar pola súa conta.

Na seguinte sesión, a propiamente denominada “Hora del Código” faráse unha breve introdución de programación e se explicarán os obxectivos da actividade. Execución da hora do código utilizando plataformas Code.org, onde os estudantes poderán resolver puzzles e desafíos programando con bloques visuais, exemplo de xogos (Labyrinth Challenge, Dance Party, Minecraf Adventure).

Son impartidas por 2 voluntarios dixitais mosenses, Mónica Suárez, galardoada co Premio ao Voluntariado Dixital da Rede Conecta (estatal) en xuño de 2024 e Andoni Silva.

O labor destes voluntarios/as é acchegar a toda a poboación os seus coñecementos en novas tecnoloxías e facilitar a diminución da brecha social dixital, coa implementación de accións/proxectos que aporten unha combinación de coñecementos, habilidades e actitudes que fomenten unha actitude crítica e responsable da tecnoloxía, non só para a aprendizaxe senón tamén para a participación na sociedade e a interacción social.

A través desta actividade, os voluntarios introducen ao alumnado no mundo da programación de maneira divertida e accesible, ademáis de poñer a Mos no mapa mundial da Hora do Código. O Concello participa no evento Codeweek subindo o hastag #EUCodeWeek

Así os voluntarios/as dixitáis do Concello de Mos, Andoni e Mónica, facilitan a participación dos CEIPs e IES de Mosa na Semana do Código.

Relacionadas

O Rosal inaugura a Oficina da Enerxía para liderar a transición enerxética no municipio

0
O acto inaugural será o vindeiro martes 21 de xaneiro ás 20.00 h no Salón de exposicións do Concello O Rosal segue a dar pasos...

A camelia protagonista esta fin de semana en Tui

0
Setenta e cinco expositores galegos, portugueses e asturianos presentarán no Claustro da Catedral acollerá máis de 125 metros cadrados dedicados a esta flor O Claustro...

Mos avanza nas reunións veciñais cun rexeitamento rotundo á nova A52 noutra sesión informativa...

0
Tras as reunións coas parroquias de Sanguiñeda, Petelos e Tameiga, hoxe celebrouse unha nova xuntanza con Pereiras. Existe previsión de ampliar nos días 22, 27...

Digna Rivas: “Ao negar a represión franquista en San Simón o PP actúa como...

0
Para a rexedora redondelá, as declaracións do deputado popular José Luis Ferro o único que fan é “branquear o franquismo, actuando como cómplice da...

O BNG esixe melloras urxentes en dúas estradas municipais en mal estado

0
Davinia Lojo reclama ao Concello de Marín actuacións inmediatas en Macenlle-A Moreira e Arealonga para garantir a seguridade viaria e mellorar a mobilidade da...

O alcalde de Nigrán recomenda ao deputado popular José Luis Ferro a lectura do...

0
Juan González, rexedor de Nigrán e historiador experto na Guerra Civil, ten documentado xunto a Antonio Caeiro e Clara de Saá fusilamentos e centos...

Publicacións Relacionadas