Home Tabeirós Cerdedo - Cotobade A Deputación leva a oficina móbil do programa +Renovables a Cerdedo-Cotobade para...

A Deputación leva a oficina móbil do programa +Renovables a Cerdedo-Cotobade para informar a cidadanía sobre eficiencia e aforro enerxético

- Anuncio -

O deputado provincial Javier Tourís visitou o concello coa oficina móbil, que percorrerá todos os municipios de menos de 50.000 habitantes da provincia para informar, asesorar e acompañar proxectos relacionados coa eficiencia enerxética

O deputado de Acción Comunitaria, Equipamentos Públicos e Finca Areeiro da Deputación de Pontevedra, Javier Tourís, visitou o concello de Cerdedo-Cotobade coa oficina móbil do programa +Renovables, coa que a Deputación está a descentralizar os servizos que se prestan desde a Oficina de Transformación Comunitaria (emprazada no Viveiro de Empresas de Barro) para implicar os pequenos concellos nos retos da sostibilidade. O deputado provincial visitou a instalación móbil xunto co alcalde de Cerdedo-Cotobade e tamén deputado provincial, Jorge Cubela.

A oficina móbil da Oficina de Transformación Comunitaria está a percorrer os concellos de menos de 50.000 habitantes da provincia para informar, asesorar e acompañar proxectos relacionados coa eficiencia enerxética desde a súa creación ata a produción e o autoconsumo. Trátase dun vehículo 100% eléctrico onde o persoal técnico do programa informará in situ sobre cuestións de índole legal (redacción e estatutos e normas, cesión de cubertas, revisión de contratos de execución de obras…), técnica (deseño de proxectos de xeración térmica ou eléctrica) e económica (créditos bancarios e outras fórmulas de financiamento…).

+Renovables é unha iniciativa provincial que responde á aposta pola transición enerxética, a sostibilidade e a transformación do territorio. O programa está dotado de 750.000 euros (con 500.000 € de fondos europeos), que se mobilizan como resposta á crise enerxética e á necesidade de impulsar unha nova cultura na que a cidadanía teña unha participación efectiva no sistema enerxético e, ademais, repercuta nun aforro económico tanto para as familias como para as empresas. Actualmente a Deputación tamén está a realizar xornadas de capacitación en todas as comarcas da provincia para afondar en cuestións relacionadas con proxectos de eficiencia enerxética.

A Oficina de Transformación Comunitaria do programa +Renovables ten un orzamento de 370.000 euros e está financiada con fondos europeos NextGenerationEU para fomentar e impulsar a creación e o desenvolvemento de proxectos de eficiencia enerxética en todas as comarcas da provincia, sendo o medio rural, e especialmente os concellos de reto demográfico, a principal prioridade.

Relacionadas

Jacobo Pérez pasa revista ás xestións feitas no seu primeiro mes de mandato e...

0
∙ Ademais de consolidar canles de comunicación directa coa veciñanza, o alcalde salienta actuacións como a dotación dun novo local para o Fogar de...

Éxito na primeira fin de semana do Ciclo Cine de Inverno en Savaterra de...

0
Esta pasada fin de semana deu comezo a 5ª edición do Ciclo Cine de Inverno que organiza o Concello de Salvaterra de Miño. O sábado...

O concello de Bueu organiza unha exposición dos traballos gañadores do Concurso de Ideas...

0
• A mostra, que conta coa colaboración do Colexio de Arquitectos de Galicia, poderase visitar ata o 14 de febreiro na Sala Amalia Domínguez...

A Deputación alíase co COB para reivindicar o baloncesto inclusivo e levar o deporte...

0
O presidente provincial, Luis Menor, reivindicou na presentación da área social do Clube Ourense Baloncesto un “paso fundamental” en materia de inclusión social a...

A Deputación divulga a cultura popular a través da revista Raigame, cun número no...

0
O vicepresidente 2º e deputado de Cultura, César Fernández, puxo en valor esta publicación que en 1995 xurdiu para continuar o magnífico traballo etnográfico...

A praza da Peregrina volve lucir coa nova iluminación led

0
A Concellaría que dirixe Xaquín Moreda rematou nesta semana as probas da instalación da nova iluminación. Cun orzamento de case 17.000 euros o Concello instalou...

Publicacións Relacionadas