Home Pontevedra Deza A Xunta salienta que a Bandeira Verde de Galicia pon en valor...

A Xunta salienta que a Bandeira Verde de Galicia pon en valor a aposta do Concello de Silleda pola protección da paisaxe e do medio ambiente

- Anuncio -

— Ángeles Vázquez subliña que é a primeira vez que este municipio pontevedrés logra este recoñecemento


— A Bandeira Verde de Galicia outorga visibilidade aos municipios como territorios comprometidos co impulso de boas prácticas para ordenar o territorio, afrontar o cambio climático, xestionar de xeito responsable os residuos municipais, e sensibilizar á cidadanía nesta materia

A Xunta salienta que a Bandeira Verde de Galicia pon en valor a aposta do Concello de Silleda pola protección da paisaxe e do medio ambiente.

Durante o acto deste distintivo na casa consistorial, a conselleira de Medio Ambiente e Cambio Climático, Ángeles Vázquez, subliñou que é a primeira vez que este municipio pontevedrés logra este recoñecemento ao seu compromiso coa conservación ambiental e paisaxística.

Máis polo miúdo, a conselleira explicou que o concello presentou na súa candidatura sete accións que xa están en execución. Entre elas, destacou a elaboración do Plan estratéxico de localización e implementación dos obxectivos de desenvolvemento sostible (ODS) da Axenda 2030 e do Plan de acción polo clima e a enerxía sostible (PACES).

A maiores, o municipio tamén está a desenvolver o Plan municipal de emerxencia e xestión do risco de seca, o Plan de mobilidade urbana sostible e unha rede de calor con biomasa para a subministración de calefacción e/ou auga quente sanitaria en distintas instalacións co obxectivo de contribuír á diminución do quecemento global mediante a redución das emisións de dióxido de carbono (CO2).

Tal e como lembrou Ángeles Vázquez, a Bandeira Verde de Galicia ten unha grande importancia pola visibilidade que lles outorga os municipios como territorios responsables e comprometidos co impulso de diferentes tipos de accións e boas prácticas para ordenar o territorio, protexer o medio ambiente e a paisaxe; afrontar o cambio climático e mellorar a eficiencia enerxética; xestionar de xeito responsable os residuos municipais, e sensibilizar á cidadanía nesta materia.

De feito, cada vez son máis os concellos que acadan este recoñecemento. Así, en 2024 o Goberno galego concedeu 24 galardóns -un 33% máis que no ano 2023-, dos que 11 conseguiron este distintivo por primeira vez.

Para concluír, a conselleira animou aos concellos a optar a este recoñecemento na próxima convocatoria e engadiu que a súa concesión supón un mérito adicional para a obtención de subvencións en materia de patrimonio natural e, tamén, para recibir axudas autonómicas para construír e mellorar puntos limpos fixos, instalacións móbiles deste tipo ou impulsar proxectos de preparación para a reutilización.

Relacionadas

O IV Concurso Escolar de Carteis do Entroido premia a creatividade de Carla Marqués...

0
O Concello do Porriño, a través da Concellería de Educación, deu a coñecer hoxe o cartel oficial do Entroido 2025. A ilustración de...

Mos avanza nos trámites coa Xunta de Galicia para a reforma integral da estrada...

0
-          A administración autonómica traballa nunha proposta que inclúe 3 glorietas -          A PO 331 acolle 12.500 vehículos ao día, sendo un vial estruturante e unha das...

O BNG solicita a Patrimonio información sobre obra da contorna de Caneliñas

0
Ante a falta de transparencia de Telmo Martín, os nacionalistas remiten un escrito á Delegación Territorial da Xunta para que aclare se os traballos contan con...

Alumnado do IES Salvaterra de Miño participa nunha plantación en Vilaboa dentro do Proxecto...

0
O pasado mércores 19 de febreiro o IES Salvaterra de Miño en colaboración co Concello de Salvaterra de Miño, a ANPA, a Comunidade de...

Galicia aspira a reducir un 75% as emisións de dióxido de carbono antes de...

0
— Ángeles Vázquez salienta que a comunidade confía en consolidar os avances logrados nos últimos anos na loita contra o quecemento global co obxectivo...

Román Rodríguez destaca a reforma do patio cuberto do CEIP Isidora Riestra en Poio...

0
O conselleiro de Educación visita o centro para supervisar o resultado da actuación, que beneficia aos máis de 170 alumnos do colexioSubliña o compromiso...

Publicacións Relacionadas