HomePontevedraPoioRomán Rodríguez destaca a reforma do patio cuberto do CEIP Isidora Riestra...

Román Rodríguez destaca a reforma do patio cuberto do CEIP Isidora Riestra en Poio cun investimento de preto de 50.000€

- Anuncio -spot_img
  • O conselleiro de Educación visita o centro para supervisar o resultado da actuación, que beneficia aos máis de 170 alumnos do colexio
  • Subliña o compromiso da Xunta coa mellora das infraestruturas educativas poienses, cun investimento de máis de 630.000€ no Plan de nova arquitectura pedagóxica

O conselleiro de Educación, Ciencia, Universidades e Formación Profesional, Román Rodríguez, visitou hoxe o Colexio CEIP Isidora Riestra para comprobar o resultado da reforma da cuberta financiada pola Xunta de Galicia cun investimento de preto de 50.000€.

A actuación no patio exterior consistiu na substitución completa da cuberta existente por unha nova estrutura funcional e adaptada ás necesidades do centro. As obras comezaron a finais de novembro e remataron en decembro de 2024, garantindo que os estudantes puidesen utilizar as instalacións sen risco durante o proceso.

O titular de Educación destacou que esta mellora facilita o uso das instalacións exteriores, beneficiando a máis de 170 estudantes. Ademais, Román Rodríguez puxo en valor que esta reforma complementa outras actuacións previas no colexio, como a renovación do sistema de calefacción en 2020, cun orzamento de máis de 47.000 euros, dirixido a mellorar a eficiencia enerxética e o confort dos alumnos. 

Mellora permanente dos centros

A Xunta de Galicia ten investido máis de 630.000€ en melloras nos centros de ensino de Poio nos últimos catro anos no marco do Plan de nova arquitectura pedagóxica, a folla de ruta do Goberno galego para modernizar as instalacións educativas e adaptalas ás novas necesidades, con especial fincapé na eficiencia enerxética.

Entre outras actuacións cómpre salientar a renovación das fiestras, reforma dos aseos e substitución de carpintería exterior no Colexio CEIP de Viñas ou o cambio de luminarias e reforma dos silos de pellets no Instituto IES de Poio.

Publicacións Relacionadas