Home Pontevedra 15 maiores reciben atención nun proxecto pioneiro en Parderrubias

15 maiores reciben atención nun proxecto pioneiro en Parderrubias

- Anuncio -

O Concello achegou parte dos fondos do Pacto de Estado contra a Violencia de Xénero para este proxecto

              A xefa da unidade contra a violencia de xénero da Subdelegación do Goberno, Mª José Rodríguez, xunto coa Alcaldesa de Salceda, Loli Castiñeira, a Concelleira de benestar social e igualdade, Selene González, e unha representación da directiva da Asociación Veciñal Santo Tomé de Parderrubias, visitaron nesta semana as instalacións da antiga escola da Revolta, que dende fai meses teñen sido convertidas no novo “Obradoiro Social A Revolta”, no cal a Asociación Veciñal pode desenvolver as súas iniciativas. Este é o resultado dun excepcional traballo da entidade veciñal presidida por María Rodríguez, que conseguiu darlle unha nova vida a este edificio, que agora acolle ás persoas maiores que fai décadas asistiron a esas mesmas instalacións na súa época escolar.  

              O proxecto de atención a persoas maiores conta nestes momentos con 15 asistentes que, da man dunha educadora social, realizan tarefas que melloran sen dúbida a súa saúde mental e a súa autonomía, e ao mesmo tempo favorece a conciliación das familias, que durante tres tardes á semana evitan ter que, en moitas ocasións, deixar soas ás súas persoas maiores. Ademais da educadora, resulta fundamental a participación de voluntariado, que permite ofrecer un amplo abano de actividades tanto para maiores como para a rapazada da parroquia. Así, as persoas asistentes poden realizar tarefas de manualidades, pintura, ganchillo, xogos de mesa, lectura, puzzles, etc.

              María Rodríguez, Presidenta da Asociación Veciñal Santo Tomé de Parderrubias, amosábase ilusionada e agradecida por seguir a recibir apoio para o proxecto que “cambia a vida de tantas persoas que foron quen de dalo todo por nós na súa xuventude, e ás que agora nos toca devolverlles todo ese cariño”.

              Loli Castiñeira, Alcaldesa de Salceda, definiu o proxecto como “un proxecto pioneiro, exemplo do que pode conseguir a nosa sociedade cando traballa en conxunto”, e amosou o seu desexo de que este puidese ser un proxecto extrapolable ás demais parroquias de Salceda: “temos un tecido asociativo que nunca deixa de sorprendernos, neste caso con un proxecto que sen dúbida vén para quedarse, e para o que xa anunciamos que será prioritario o apoio do Concello”.

Relacionadas

O IV Concurso Escolar de Carteis do Entroido premia a creatividade de Carla Marqués...

0
O Concello do Porriño, a través da Concellería de Educación, deu a coñecer hoxe o cartel oficial do Entroido 2025. A ilustración de...

Mos avanza nos trámites coa Xunta de Galicia para a reforma integral da estrada...

0
-          A administración autonómica traballa nunha proposta que inclúe 3 glorietas -          A PO 331 acolle 12.500 vehículos ao día, sendo un vial estruturante e unha das...

O BNG solicita a Patrimonio información sobre obra da contorna de Caneliñas

0
Ante a falta de transparencia de Telmo Martín, os nacionalistas remiten un escrito á Delegación Territorial da Xunta para que aclare se os traballos contan con...

Alumnado do IES Salvaterra de Miño participa nunha plantación en Vilaboa dentro do Proxecto...

0
O pasado mércores 19 de febreiro o IES Salvaterra de Miño en colaboración co Concello de Salvaterra de Miño, a ANPA, a Comunidade de...

Román Rodríguez destaca a reforma do patio cuberto do CEIP Isidora Riestra en Poio...

0
O conselleiro de Educación visita o centro para supervisar o resultado da actuación, que beneficia aos máis de 170 alumnos do colexioSubliña o compromiso...

A Deputación leva a oficina móbil do programa +Renovables ata Vila de Cruces, Agolada...

0
O deputado provincial Javier Tourís visitou os concellos coa oficina móbil, que percorrerá todos os municipios de menos de 50.000 habitantes da provincia para...

Publicacións Relacionadas