Home Pontevedra 15 comparsas desfilarán este sábado no inicio do Entruido de Soutomaior

15 comparsas desfilarán este sábado no inicio do Entruido de Soutomaior

- Anuncio -
  • Este ano Soutomaior volve a  recuperar o seu Entruido máis tradicional , grazas ao traballo de investigación realizado polo antropólogo Rafa Quintía, con actividades dende este sábado ata o 5 de marzo.  
  • No desfile de comparsas, que terá lugar este sábado 22 de febreiro, participarán 12 comparsas chegadas de diferentes puntos da provincia, unha municipal e 2 convidadas, que son as do concello.  Un desfile que estará encabezado por “Juan de Arcade” o pregoeiro deste Entruido en Soutomaior.
  • O desfile contará cun tramo silencioso que irá dende o comezo, no Calvario, ata o cruce de Cima de Vila.

O Entruido chegará con moitas novidades e actividades neste 2025 en Soutomaior. E comeza pisando forte co seu desfile de comparsas que se celebrará este sábado, 22 de febreiro.

Unha cita que comezará ás 17:30h. con saída dende a rúa Calvario. O primeiro tramo do desfile será o “tramo silencioso” para que todas as persoas poidan desfrutar en igualdade de condicións desta cita tan agardada. O tramo silencioso irá, polo tanto, dende a Rúa do Calvario ata o Cruce de Cima de Vila.

Neste desfile participarán 12 comparas: Asociación Cultural Amigos dos Rapaces, Asociación Cultural Trompos Os Pes, Os Parrulos de Marín, Asociación A Pandilla, Asociación o Millor de cada Casa de Vincios, Asociación Carnavalera Os Campechanos, Asociación Cultural de Pontellas, Asociación Os Festeiros de Bembrive, Asociación Andaina de Persoas con Diversidade Funcional de Redondela, Asociación Agrupación Cultural A Cividade, Asociación Cultural Comparsa Luces de Tomiño, Asociación Os Da Casa, Asociación Cultural de Festas de Cepeda. A estas comparsas uniranse a Comparsa Municipal e dúas convidadas, as do concello, a Asociación Cultural Moreira a Tope e a Asociación Cultural Miúdos. A temática do desfle de entruido será variada: fantasía, xogos, aventura, viaxes, persoaxes históricos e da realeza, natureza, circo, piratas…

Un desfile que estará encabezado polo pregoeiro deste ano “Juan de Arcade”, un home popular e coñecido no concello. O desfile partirá ás 17:30h. do  Calvario con chegada a Talo Río, alí a partir das 20:00h. terá lugar a lectura do pregón a caro de “Juan de Arcade” e logo seguirá a festa coa actuación do Trío Azabache.

A seguinte cita do Entruido de Soutomaior, será o domingo 23 de febreiro co Obradoiro de máscaras tradicionais que terá lugar na Casa da Cultura Rexina Míguez Noval, en Soutomaior, e estará impartido por Rafa Quintía e Pili Silva. Un obradoiro, de balde, onde se van a realizar as máscaras do xeito máis tradicionais, como se facían aquí antes, con materiais naturais e restos de teas. As e os interesados en inscribirse poden facelo ata este xoves en https://soutomaior.gal/produto/obradoiro-de-mascaras-de-entruido/

O venres 28 as pequenas e pequenos do CEIP Manuel Padín Truiteiro desfilarán polas rúas de Arcade enchéndoas de luz e cor. Unha cita que dará comezo ás 10:30h. e sairá dende o cruce de subida do colexio. Neste desfile, grazas ao obradoiro que Quintía ofrecei neste centro, tamén sairán un grupo de Entruidos coas súas máscaras feitas para a ocasión.

O sábado 1 de marzo centrarase toda a actividade na Casa do Pobo da Pedreira, onde terá lugar o Encontro de Entruidos coa sesión vermú protagonizada por “Fanfarria Furruxa”, a continuación será o Xantar Veciñal do Galo con arroz,  o grande protagonista, unha cita, onde dende o concello convidaron a todas as asociacións a participar nesta cita de reencontro e de unión do pobo. O menú terá un prezo de 15 euros e inclúe galo con arroz, bebida e sobremesa. As persoas interesadas en asistir deberán de mercar o seu ticket en calquera Asociación do Concello de Soutomaior. Tralo xantar terá lugar a Procesión deo Galo con xogos e actividades infantís e cunha verbena con música popular e co “Dúo Marema”.

O domingo, 2 de marzo, as pequenas e pequenos serán os grandes protagonistas coa súa Festa infantil: Quiquiriquí o galo corre aquí, unha cita onde as quiricas e quiricos farán moitos xogos populares e onde poderemos desfrutar do gran espectáculo de “Barafunda no galiñeiro”:

O martes, 4 de marzo, martes de Entruido virá marcado pola fiada. A fiada estará amenizada con música e baile tradicional coa participación de gaitas, pandeiretas, bailadores/as,… Unha cita onde participarán as pandereteiras de Gharghamala  pandereteiras de Aboal  as de TouTón de Pazos de Borbén, Pandereteiras de San Vicente, e  da Hermida, e moitas máis. Todo aquel que queira unirse está convidado a participar nesta Fiada do martes de Entruido que se celebrará de 20:30 a 00:00h.

E para rematar o Entruido, o concello de Soutomaior volve a recuperar o enterro da sardiña, unha cita que terá lugar o 5 de marzo, mércores de cinza, e que sairá ás 19:30h. da Praza de Cima de Vila. O percorrido será dende a Praza, pasando pola rúa Xosé Solla para finalizar no campo da petanca onde despediremos a nosa sardiña. Un evento no que colaborarán a Banda de Música Artística de Arcade, a Asociación da Xesteira, a Asociación Moreira a Tope e a Asociación Cultural Miúdos.

Na parte de Promoción Económica o Entruido tamén chegará ao comercio e hostalería de Soutomaior co concurso Vaia Meco e co Entruido no Peto onde se repartirán máis de 10 premios entre as veciñas e veciños que merquen no comercio local.  Accións na que participan máis de 25 establecementos do concello.

Relacionadas

O IV Concurso Escolar de Carteis do Entroido premia a creatividade de Carla Marqués...

0
O Concello do Porriño, a través da Concellería de Educación, deu a coñecer hoxe o cartel oficial do Entroido 2025. A ilustración de...

Mos avanza nos trámites coa Xunta de Galicia para a reforma integral da estrada...

0
-          A administración autonómica traballa nunha proposta que inclúe 3 glorietas -          A PO 331 acolle 12.500 vehículos ao día, sendo un vial estruturante e unha das...

O BNG solicita a Patrimonio información sobre obra da contorna de Caneliñas

0
Ante a falta de transparencia de Telmo Martín, os nacionalistas remiten un escrito á Delegación Territorial da Xunta para que aclare se os traballos contan con...

Alumnado do IES Salvaterra de Miño participa nunha plantación en Vilaboa dentro do Proxecto...

0
O pasado mércores 19 de febreiro o IES Salvaterra de Miño en colaboración co Concello de Salvaterra de Miño, a ANPA, a Comunidade de...

Román Rodríguez destaca a reforma do patio cuberto do CEIP Isidora Riestra en Poio...

0
O conselleiro de Educación visita o centro para supervisar o resultado da actuación, que beneficia aos máis de 170 alumnos do colexioSubliña o compromiso...

A Deputación leva a oficina móbil do programa +Renovables ata Vila de Cruces, Agolada...

0
O deputado provincial Javier Tourís visitou os concellos coa oficina móbil, que percorrerá todos os municipios de menos de 50.000 habitantes da provincia para...

Publicacións Relacionadas