A manifestación do sector da alimentación ocasionará cortes puntuais de tráfico en rúas do centro da cidade, mañá, ás 12 h

adminON
Lectura mínima de 1

A manifestación do sector da alimentación causará mañá, sábado, día 7 de xuño, cortes puntuais de tráfico en varias rúas do centro da cidade incluídas no seu percorrido. A marcha sairá ás 12 da mañá do Parque San Lázaro e percorrerá as rúas Cardeal Quevedo, Avenida da Habana, Curros Enríquez (por detrás da Subdelegación do Goberno), Xoán XXIII, O Progreso, Cruz Vermella e Lamas Carvajal, rematando na Praza Maior.

As  rúas incluídas no itinerario pecharanse de forma puntual para que a marcha se poida desenvolver dentro das marxes de seguridade esixidas. A medida que avance, as rúas iranse reabrindo progresivamente ao tráfico.

A manifestación tamén ocasionará retencións nos percorridos das liñas do servizo municipal de autobuses urbanos que pasan por estas rúas.

Comparte este artigo