Digna Rivas: “O único que rescatou en Redondela a Deputación foi a Javier Bas, cun salario de 62.842 euros”

adminON
Lectura mínima de 3

– A Deputación de Pontevedra concedeu unha axuda de 238.843 euros ao Concello de Redondela para a contratación de 11 traballadores e traballadoras. Trátase dunha subvención ordinaria do entre provincial que solicitan todos os municipios da provincia que o desexen. En Poio, coa subvención da Deputación, contratarán a 22 traballadores, en Sanxenxo 17, en Lalín 16 e en Arbo serán 12, por exemplo.

– Digna Rivas, advirte que “a ninguén se lle ocorrería dicir que a Deputación rescata ao Concello de Lalín porque lle outorga unha subvención de 316.154 euros para contratar a 16 traballadores”. A Deputación “non rescata Concellos, nin este nin ningún outro”, aclara Rivas. Trátase de subvencións que se puxeron en marcha desde a Deputación de Pontevedra no anterior mandato “para fomentar o emprego na provincia” e outórganse aos Concellos “con criterios técnicos e obxectivos”.

A Deputación de Pontevedra concedeu unha axuda de 238.843 euros ao Concello de Redondela para a contratación de persoal. Trátase dunha subvención ordinaria do entre provincial que solicitan todos os municipios da provincia que o desexen. No caso de Redondela permitirá a contratación de 11 traballadores e traballadoras. De feito municipios máis pequenos que Redondela, como Arbo, Poio ou Sanxenxo, poderán cubrir máis postos de traballo que o municipio redondelán grazas a estas axudas do ente provincial. En Poio, coa subvención da Deputación, contratarán a 22 traballadores, en Sanxenxo 17, en Lalín 16 e en Arbo serán 12, por poñer algúns exemplos. En ningún caso se trata de “rescates”, que foi como cualificou estas axudas o concelleiro popular Javier Bas. Trátase dunha liña de axudas “para o fomento do emprego na provincia”, tal como explica a propia Deputación.

A alcaldesa, Digna Rivas, advirte que “a ninguén se lle ocorrería dicir que a Deputación sae ao rescate do Concello de Lalín polo feito de que lle outorga unha subvención de 316.154 euros para contratar a 16 traballadores”. A Deputación “non rescata Concellos, nin este nin ningún outro”, aclara Rivas. Trátase de subvencións que se puxeron en marcha desde a Deputación de Pontevedra no anterior mandato, baixo a presidencia de Carmela Silva, e outórganse aos Concellos “con criterios técnicos e obxectivos”, aclara a alcaldesa. “De feito, o único que ten rescatado a Deputación en Redondela é ao señor Javier Bas, cun salario de 62.842 euros”. Lembra Rivas que o concelleiro popular foi nomeado “director da área de coordinación intermunicipal”, un cargo “de confianza” designado polo presidente Luis López. “Os cartos da Deputación son diñeiro público, de todos e todas”, conclúe a alcaldesa.

Comparte este artigo