A Xunta de Goberno Local do Concello de Ourense reunirase mañá, xoves, 5 de marzo, ás 13.30 horas, no salón de plenos, para levar a cabo a súa sesión ordinaria desta semana, con 23 asuntos na súa orde do día.
Licenzas e aperturas (8). Oito solicitudes de licenzas de obra para os proxectos de:
- reforma dunha vivenda unifamiliar na rúa Arce Mayoral, en Seixalbo;
- rehabilitación dun edificio e anexos na rúa Alejandro Outeiriño,
- rehabilitación e ampliación dunha vivenda unifamiliar na rúa Outeiro da Granxa,
- reforma do portal dun edificio na rúa Pura e Dora Vázquez,
- instalación de ascensor nun edificio da rúa dos Mirtos,
- rehabilitación dun edificio para o seu uso como apartamentos turísticos na rúa Alejandro Outeiriño,
- mantemento e conservación de fachadas e cuberta dun edificio na avenida de Pontevedra, e
- adaptación dun local para centro de estética na rúa Ervedelo.
Patrimonio (2). Dous expedientes de recuperación de danos causados por vehículos a un farol na rúa Coenga e a un sinal na avenida Otero Pedrayo.
Parques e xardíns (1). Declaración da tramitación urxente do procedemento de adxudicación do contrato das obras do proxecto de “Construción de refuxios climáticos en varias rúas do Concello de Ourense”.
Comercio (1). Acordo á vista do auto ditado polo Tribunal de Instancia, sección do Contencioso-Administrativo número 1, sobre a posibilidade de trasladar a empresa adxudicataria da concesión administrativa para xestionar indirectamente o servizo público Praza de Abastos número 1, desde a Alameda ata o edificio da Praza de Abastos.
Avogacía consistorial (11). Dará conta de 4 sentenzas ditadas polos tribunais de instancia da Sección do Contencioso-Administrativo das prazas número 1 e 2 de Ourense e será informada de que o Concello deberá comparecer en 7 procedementos xudiciais diante dos tribunais de instancia da sección do contencioso-administrativo, prazas número 1 e 2 de Ourense e 1 e 2 de Vigo.

